Seleccionar página

MiM Penyagolosa Trails (13 – abril – 2019)

Por César

Carreira de 60 km – 3.300 mt desnivel positivo. Con 1510 inscritos, 1296 finalizados, e que rematei no posto 611.

 

A viaxe a Castellón arrincou o mércores, con máis dúbidas que certezas. Logo dunha boa tempada de adestramentos, problemas nos derradeiros días, fixeron que saíra de Vigo sen telas todas conmigo.

Camiño a Castellón, fixemos parada en Valencia, xa que, as viaxes en familia, requiren sempre dalgún sacrificio 🙂 ). Coa visita ó acuario e máis ó museo das ciencias, din por rematado o período de adestramentos, co que foi, seguramente, o máis duro de todos.

O venres, xa en Castellón, paseo pola cidade, recollida de dorsal e volta para o hotel, que o sábado tocaba madrugar.

Ás cinco da mañá saio do hotel camiño das pistas de atletismo da Universidade Jaume I, onde terá lugar a saída. Vou camiñando, pois son un par de kilómetros, e así vou entrando en calor. Cando chego, fago uns poucos estiramentos, e paso o control de entrada. Somos case que 1.500 corredores, e hai que coller sitio.

Saída ás seis en punto da mañá, facendo media pista de atletismo, para saír ata a estrada, por onde facemos un par de kilómetros. Aproveito para ir gañando posicións, porque sei que, en canto cheguemos á pista, e logo á senda, vai a haber retencións. Así foi. Non hai sitio máis que para unha ou dúas persoas no mesmo camiño, polo que, subindo e baixando, camiñamos todos coma se fósemos en procesión. Chegando ó primeiro avituallamento, no kilómetro 8, en Borriol, xa podemos comezar a trotar. Unha vez alí, gardo o frontal , que xa non fará falla no resto do día, e collo os bastóns para encarar a primeira subida importante do día. Neste tramo vexo coma asoma Lorenzo por detrás co castelo de Borriol, situado no alto dunha loma, e aínda que a estampa ben merece unha foto, prefiro centrarme en avanzar, e non saca-lo móbil, de momento. O terreo, que nos acompañará no resto do día é árido, seco, e cheo de rochas e pedras soltas. Completado o ascenso, entramos nunha zona de pequenos sube e Baixa, rodeados de almendros, figueiras e olivos. O terreo é corrible, e aínda imos frescos, polo que o ritmo é vivo, quizáis demasiado, pero pode máis o corazón que a cabeza. Por aquí xa empezo a darme conta que, moitos corredores non son precisamente áxiles descendendo, e teñen moitos atrancos por mor da complexidade do terreo. Como vexo que podo gañar tempo, tírome en tódalas baixadas, e vou gañando posición. Creo que nunca adiantei a tanta xente baixando, a pesar de non ser un dos meus puntos fortes (se é que teño algún).

Despois de pasar por debaixo dunha pequena ponte, entramos nun bosque de piñeiros, que atravesamos por unha senda con máis terra que pedras, e que nos leva ata o segundo avituallamento. Logo de recargar combustible, párome a poñer un apósito, que levo unha zapatilla rozándome no talón esquerdo, e máis vale previr. Quedan dous tercios de carreira, e prefiro non arriscar.

Collemos un tramo de baixada que desemboca nun cauce de río completamente seco, e cheo de cantos rodados de tamaño considerable. Miro ó meu redor, intentando localizar algún cadáver de animal, ou voitres axexando no ceo, pero non vexo nada. ¡Menos mal! O camiño continúa durante un tramo pola beira deste curso seco, ata que voltamos a ascender un par de cotas, curtas pero exixentes, e logo unha terceira, pola que chegamos a Les Useres, terceiro avituallamento, onde nos recibe unha morea de público que non deixa de dar folgos. ¡Unha gozada! Bocata de atún con aceitunas, cambio de calcetíns para aliviar os pés, e seguimos camiño.

Comeza un tramo longo de subida, pero máis tendida que as anteriores, que se adapta mellor ás miñas pernas. O sol comeza a apretar, pero aínda se leva ben. Cambio o buff pola gorra, volvo a botar man dos bastóns, que xa non abandonarei ata os tres kilómetros finais, e collo ritmo. Chegado ó alto, volvo a divisar a cima do Penyagolosa. Dende aquí aínda non intimida. Estamos no kilómetro 36 de carreira. Un pouco máis adiante atopamos un punto de abastecemento de auga fresca, con música tecno a todo volumen, e «ducha» de auga fría para refrescarse, cousa que se agradece. Logo, novo descenso coma cabras, saltando de pedra en pedra, e adiantando corredores.

A Chegada ó cuarto avituallamento e, coma en tódolos demáis do día, costa arriba. ¡Qué manía teñen nesta zona de construir os pobos no alto de outeiros! Trátase dun pequeno santuario, novamente cheo de público, onde degusto unha empanada de espinacas que está de vicio, ademáis de dulces e…centrado como estou na comida, esquézome de botar crema do sol e cambiarme a camiseta, coma tiña pensado.

Dende aquí se inicia, dende o meu punto de vista, a subida máis dura da carreira. Polo desnivel, pola lonxitude pero, sobre todo, polo sol e a calor que pega con ganas. Dende o alto, unha voz «anima» ós corredores sen parar: ¡A calor non é máis ca un estado mental!; ¡Non se pensa, só se anda!… e así ata facer cume, onde esa mesma voz me informa que o camiño chámase o camiño do rei. Unha desas subidas que algúnha noite me asaltará nalgún pesadelo. Continuamos por un tramo máis ou menos corrible, onde atopamos un novo punto de abastecemento, con auga fresca. Non sei como facían para refrixera-la auga, porque non tiñan ningún xerador de corriente, e co sol que ía, a min semellábame unha misión imposible.

Tres ou catro kilómetros despois acadamos o derradeira avituallamento do día, en Xodos (Chodos según din eles). Uns voluntarios están a beber Estrella Galicia, pero non hai para os corredores, alomenos, ata chegar á meta. Só quedan dez kilómetros, e a derradeira ascensión. Chamo a Almudena para avisala de que todo vai ben, e mentalízome para tentar coller un ritmo cómodo, que me permita subir sen reventar. Éste é un dos tramos máis bonitos da carreira, xa que ascendemos por un bosque de piñeiros, resgardados do sol e con fresco. A vexetación aumenta, e aínda que segue habendo pedras, son menos numerosas que ata o de agora. Para a miña sorpresa, vou adiantando corredores, cousa non habitual en min. Esta circunstancia dame novos folgos, e fago o tramo final desta subida con máis enerxía. Collemos un camiño favorable polo que me atrevo a trotar, a pesares que as pernas xa están cascadas, pero como xa casi non queda…¡Merda! Outra vez costa arriba. E eu que xa pensaba que non había máis. É unha pequena subida, pero con bastante desnivel, alomenos para min.

Pasamo polo derradeiro punto de abastecemento de auga, e control de tempo. Non pero, porque aínda levo auga nos bidóns, e xa se cheira á línea de meta. Un novo descenso, por unha senda ancha, que remata estreitándose e enchéndose novamente de rochas soltas. Dou caza a un par de corredores a dous kilómetros de meta e, como levo algúns dedos magullados, prefiro non forzar, e déixome ir detrás deles ata a meta. Moreas de xente animando, e a satisfacción do deber cumprido. Os meus cálculos eran facer arredor das dez horas de carreira, se todo saía ben, e foron doce minutos máis, que, logo das miñas dúbidas iniciais, soubéronme a gloria.

 

Xa en meta, diríxome ás duchas, situadas nunhas casetas portátiles, e levo a grata sorpresa de que, aínda abrindo únicamente a billa da auga fría, sae quente.¡Unha gozada! Para rematar, masaxe e comida: caldo de verduras, de carne, paella, bocadillo de tortilla, biscoitos de varios tipos…non me pesei, pero seguro que gañei algún kilo co paso dos avituallamentos e a comida final. O malo, que o karma (e non o Carma) ten estas cousas, a viaxe de regreso a Castellón no autobús, por unha estrada de montaña chea de curvas que, con tanta comida, fixeron que se me revolvese o estómago, e cheguei á parada final, no centro da cidade, mareado coma un pato. Menos mal que me agardaba a familia para facerse cargo de min.

 

En resumo, unha bonita experiencia, aproveitando os días para coñecer lugares novos, e vendo como se organiza unha carreira de nivel internacional. Non é que sexan mellores ou peores que outras por ese motivo, pero sí que se nota que teñen moito traballo detrás para que non falte de nada en ningún sitio, para que te sintas seguro en todo momento, e non te teñas que preocupar máis que de face-la túa carreira. E iso non é doado, con máis de dous mil corredores espallados polo monte. Se che gustan as pedras e rochas, non che importa correr por un terro árido, sen máis gota de auga que a que atopes nos avituallamentos, e tes medo a correr só polo monte, esta é unha carreira ideal para ti, xa que non hai un só momento no que te quedes a solas contigo mesmo.

Maratón de San Sebastián – oso ondo. 25-nov-2018

Por Adán

Hay que vivirlo

Corría el mes de noviembre del 2017 ,cuando tomando unas cervezas con unos amigos hablábamos de lo dura e impredecible que es la vida ,y lo importante que es disfrutar en cada momento todo lo posible porque nunca se sabe cuándo tendrás que estar en una cama postrado o cuándo vendrá la de la guadaña a visitarte, y lo emocionante que supone asumir nuevos retos. Alguien propuso ir a correr a Donostia para participar en su maratón, así que el primer día que abrieron las inscripciones me anoté. Tenía exactamente un año por delante para preparar sin duda una cita muy especial.

Manos a la obra

Me puse a preparar un plan de 12 semanas genérico del maratón de Valencia con Bernardo y muchos amigos que fueron arrimando el hombro los días que había que apretar en los entrenos. Cumplido el plan al 95%, llegué a la cita, sin molestias y con buenas sensaciones.

Volé hasta Bilbao, haciendo escala en Madrid, donde perdí el vuelo y tuve que pasar más horas de las previstas en el aeropuerto. De Bilbao me desplacé en coche hasta San Sebastián, llegando por escasos minutos, antes de que finalizase el horario de entrega de dorsales.

El gran dia

8000 participantes entre maratón, media y los 10k,10 grados de temperatura y viento de 12 km/h en contra, que se haría notar especialmente en la segunda parte de la carrera, el perfil sería de algo más de 300m de desnivel positivo, con cajones de salida perfectamente delimitados que como es costumbre no todo el mundo cumplió, no siendo impedimento para en el primer kilómetro coger el ritmo que el cuerpo ya tenía más que asimilado 4:45 .

En cada bordillo una persona con una bandera nos avisa al grito de bordillo, 19 puntos de avituallamiento en la carrera, con geles, fruta, isotónicos y frutos secos.

Me voy dejando ir sin mirar el reloj, descubriendo el circuito moviéndome entre 4.40/4.50 en el km 14 que en la segunda vuelta será el 35, veo una subida de unos 150 m con un desnivel lo suficiente importante para marcar un antes y un después, pero ese momento todavía no había llegado, y ahí sería donde se me escapase la carrera.

Paso la media en 1.43.30, dejándome ir. Es en el km 28, tras algún ligero repecho, cuando noto que el cuerpo ya no va fluído, y ahora me cuesta mantener sensaciones. Empiezo a entrar en déficit, y ahora ya voy a ritmos de 5/5.15 pero con sensaciones de ir clavo.

El muro

Sobreviviendo llegue al kilómetro 35, donde tendría mi tumba. El cuádriceps estaba tieso y casi no se articulaba, me quedaba como clavado al suelo. Frenándome en seco, pasé de correr de 5.15 a los km siguientes hacerlos por encima de 6/7 minutos km, sobrevivir arrastrándome lo que quedaba de carrera, animado por el público que se volcó en todo momento con la carrera, tan cerca y tan lejos, tan frustrante , que hagas lo que hagas tu suerte está echada, y no vas a poder cambiar tu destino. Cuánto hubo que apretar para poder cerrar los 42 k., contento por haberme vaciado, pero muy gastado por todo el sacrificio que nos supuso a todos preparar el plan para dejarlo escapar a falta de 7 km esperemos, levantarnos y si hay otra oportunidad ser capaz de cerrar la carrera.

TIEMPO FINAL

3:47:37

MMP

 

Por qué correr en San Sebastián

Por su sobresaliente organización, por los servicios deportivos disponibles, duchas masajes y por la afición, que pese a que hacía un día horrible estaba en la calle animando no dejando que me rindiese,

Espero volver a correr en Donostia algún dia.

Maratona do Porto 2018: a negra é equipo

Por Suso

Esta crónica poderíase resumir como a historia dunha negra na XV Maratona do Porto, como unha pequena novela de aventuras dunha negra que percorre 42,195 quilómetros pola ribeira do Douro, como a metáfora de que é a negra: un equipo.

 

Introdución

Inicialmente non me plantexara facer unha maratón neste outono. Todo comezou tomando algo con Lete, onde comentamos a posibilidade de correr os dous xuntos algunha maratón, que por facilidades e loxística, resultou ser Porto. Esta sería a miña oitava maratón e a terceira participación en Porto. Non me apetecía impoñerme un plan nin ter obxectivos moi ambiciosos, quería escapar desa dinámica. Por iso a idea de correr xuntos a 4:30/km e intentar facer un sub3h10′, que sería a súa MMP, gustábame moito.

Despois de mes e medio parado, volvín adestrar a finais de agosto. O único obxectivo do plan era facer suficientes quilómetros para encarar con tranquilidade a maratón. Foron 8 semanas: as 5 primeiras de carga (con tiradas de 22, 26, 29, 28 e 32 km, respectivamente), 2 de descarga (competindo na MM Pontevedra e na Pedestre de Santiago) e a semana da maratón. Con resultados moi bos como a tirada de 32km a 4:22/km ou a MM de Pontevedra en 1h20’42», o traballo parecía estar ben feito para buscar ese sub 3h10′ en Porto.

Fin de semana da maratona

O sábado viaxei cos amigos de Correr en Galicia Amina e Lihto, e coa nécora Lete. Xa en Porto, este último e máis eu fomos ao noso hostal e logo a recoller o dorsal. Onde nos atopamos cos compañeiros Miguel Marzoa, Fran e Kandy.

Charlas e algunha foto, cea nun dos moitos sitios que hai pola ribeira do Douro e para o hostal a descansar.

Unha boa noite, descansando moi ben. Seguramente a falta de nervios axudou. Bo almorzo, preparar todo e xa estaba o gusanillo no corpo. Baixo a ameaza de chaparrón e algo xustos de tempo, imos ao guardarroupa e entramos no caixón. Últimos minutos, falamos cuns compañeiros de Atletismo A Estrada, quitamos as dúas camisetas vellas que levaba, e saída!

A maratona

A idea era saír por diante do globo de 3h15′ e poder coller ritmo constante a 4:30/km (ritmo exacto para facer 3h10’00»). Moito tráfico e km 1 en 4:41. Comeza a chover, que xunto co vento, vai darlle á carreira ese punto incómodo; aínda que eu atópome mellor nesas condicións que con calor. Dende aí, todos os quilómetros ata o km 15 saen entre 4:26 e 4:33 (non era unha obsesión ser un reloxo exacto, porque o perfil de cada km é distinto; pero a idea é que o corpo fose constante ao mesmo ritmo e relaxado). De feito, pasamos o km 10 en 45’06». O ritmo é bo e imos cómodos, pinta ben!

No km 15 paro para ir ao baño. Lete continúa nun grupito de 10 unidades que vai ao noso ritmo e no que fixemos a parte de máis vento. Tomeino con calma, non quería parar outra vez. Así que foi máis de medio minuto que logo tiña que recuperar. Xa que íamos xuntos, prefería recuperalo rápido e así poder seguir tranquilo despois. Polo que o km 16 saiu en 5′ e o km 17 en 4’07». Aínda que vendo o ritmo do gps, fixen uns 800m a 4’00″/km.

Xa no grupo de novo, fixemos o avastecemento do km 20, cruzamos a ponte e chegamos á media maratón: 1h34’56». Seguimos clavados para 3h10′ e as sensacións son boas. De feito, dende o km 18 ata o km 24 con vento a favor, mantemos un ritmo constante de 4:24-4:27/km. Ao xirar en Gaia, o ritmo mantense pero o vento é en contra, polo que o ritmo dende o km 25 ata o km 30 volve a ser de 4:27-4:30/km. Porén, comezamos a adiantar moita xente. Xa estamos nunha altura avanzada de carreira, nós mantemos ritmo e isto pinta moi ben. Despois de volver cruzar a ponte e ir cara o leste máis dun quilómetro, xiro de 180º e km 31 en 4:34. Lete dime que vai xusto, que xa vai sufríndoo e anímoo. Dígolle que imos moi moi ben! O ritmo, collendo a moita xente. Se nós imos mal, como vai o resto! Así que seguimos por esa longa Ribeira do Douro.

O km 32 en 4:30, o km 33 en 4:32, pero logo volvemos a recuperar ritmo e facemos o km 34 en 4:27, o km 35 en 4:29, o km 36 en 4:28, e o km 37 en 4:29. Só quedan 5 km e o reloxo marca 2:46:09. Así que tíñamos 30 segundos de marxe! Pequena, moi pequena, pero estábamos aí!

No km 34 Lete dime que non pode moito máis, que baixemos uns segundos. Anímolle dígolle que sen problema, que íamos por debaixo de 4:30/km, que hai marxe! Ese km 38 sae en 4:39 e o km 39 en 4:41, que é subida con adoquín. Chegamos a arriba da costa e agora pica para abaixo e temos vento un pelín a favor, pero Lete coméntame que non pode máis, que non ten forzas. Así que toca disfrutar dos últimos quilómetros e deixarse levar. Disfrutar de que o intentamos, de que ata ese momento foi unha carreira espectacular! 39 km moi moi bos! Así que a disfrutar e sufrir o menos posible. Km 40 en 4:53. O reloxo marca 3:00:24! Aínda nese momento estábamos en tempo, aínda que evidentemente non era factible. Pero iso mostra que o tíñamos aí aí. Km 41 en 5:14 e km 42 en 5:44. Xa os últimos 195, costa arriba foron moi moi suaves, a case 7’/km.

Tempo oficial: 3h13’00»

Tempo neto: 3h12’45»

 

Poscarreira

Moi moi contento pola carreira que fixemos e por poder disfrutar dunha maratón en equipo. Penso que a estratexia era boa e que non houbo sorte. Ademais Lete correra hai 4 semanas a Extreme Marathon de Sistelo, polo que o cansancio acumulado e a falta de frescura penso que foron os causantes dese baixón final. Aínda así, non hai que quedarse con iso, que é o de menos. Rematar unha maratón máis, correndo así tantísimos quilómetros e disfrutando cada un dos 42, é o importante. A verdade, é unha pasada compartir tantos quilómetros e tantos momentos polos que se pasa nunha carreira tan longa, sabendo que é unha cuestión de equipo pase o que pase. Por todo isto, noraboa polo pedazo carreira Lete!

Felicitar tamén a Miguel Marzoa pola súa gran carreira e conseguir un novo sub3h, e tanto a Fran e Kandy por rematar unha maratón tan dura como a que tiveron eles durante a última hora de carreira. Espectacular!

No aspecto persoal, moi boas sensacións. Disfrutei moito de poder correr a un ritmo alto tantos quilómetros. Sen presión nin ir extenuado. Muscularmente moi ben. Tan só a partir do km 32 notaba os isquios algo cargados, pero pouca cousa. Non foi ata o km 40, cando baixamos moito o ritmo, cando si que as pernas xa estaban moi moi pesadas. Imaxino que ao baixar tanto o ritmo apareceu o ácido láctico ou similares e aí xa se queixaban os músculos. Certo é que na volta ao hostal, máis de 30 minutos andando con vento, frío e chuvia, si que o pasei mal tanto en isquios e xemelos. Pero na carreira creo que todo perfecto.

O luns xa sen ningunha molestia. Tampouco cargado ao baixar escaleiras ou facer algún tipo de movemento. Si que noto as pernas cansas, pero molestias cero. Tan só os dous aquiles ao despertar me saudaron, pero moito máis leve que unhas semanas atrás. Así que máis non podo pedir. Uns días de descanso, e volta ao traballo!

Recuperar ben para intentar chegar fresco á MM de Vilagarcía, despois intentar facer moito traballo de forza durante decembro e en xaneiro comezar un plan que farei nas vindeiras semanas para chegar ben á Maratón Vig-Bay.

Agradecementos

Moitas grazas a todas as nécoras compañeiras do Carma por seguirnos aos cinco que alí estabamos, así como tamén aos Jackbauers polos seus ánimos, e aos compañeiros de viaxe Amina e Lihto, un pracer viaxar con eles! E como non, a Lete, por poder disfrutar desta aventura con el e compartir esa chegada a meta na alfombra vermella. Eres un crack Lete! Noraboa pola gran carreira que fixeches!

Quero mencionar a dúas persoas que nestes meses, sen plan de adestramento ningún, me permitiron adestrar con eles. Unha é ao foreiro de Correr en Galicia Gefreiter, que é un luxo de compañeiro de adestramento e que grazas a el estou como estou. Moitas grazas Miguel! E tamén á nécora Isaac, porque con el fixen as 4 tiradas máis longas destes 2 meses e case toda a MM Pontevedra; sorte en Valencia!

E para rematar, emprazar a todas as nécoras para o 7 de abril en Samil, alí nos veremos! Será unha gran festa na que será a miña novena maratón!

Apertas!

 

 

Maratona do Porto 2018 – 4/11/2018

Por Lete

Cando alá pola Primavera pasada comencei a cavilar sobre qué provas importantes facer no Outuno de 2018 (aínda non correra nin a Maratón da Coruña nin a Ultra Trail Serra da Freita, pero os corredores somos así de tolos..), pensei novamente en poñerme coma reto facer dúas provas de calibre preto unha da outra. Finalmente as elixidas foron a “Sistelo Extreme Marathon” (7 de Outubro) da que xa fixen crónica (e que probablemente foi unha das miñas mellores carreiras ata o de agora) e a outra sería a Maratona do Porto do 4 de Novembro na que sería a miña segunda aparición trala do ano pasado.

Quedara co compañeiro e amigo Suso Conde pra desplazarnos a Porto e fixemos a viaxe na agradável compaña de Ángel e Laura, dous compañeiros seus colaboradores tamén no grande portal galego de carreiras Correr en Galicia , e que tamén ían facer a maratón e a proba de 15k respectivamente . A verdade é que a viaxe fíxose curta e moi agradável falando obviamente todo o rato da paixón que nos une.

Chegamos a Porto arredor das 17:00 hora local e tanto eles coma Suso e eu fumos primeiro ao noso hotel a deixar as cousas. O noso hotel resultou un lugar ben curioso, ademáis de que nos custou identificalo pola ausencia de cartel que indicara algo. Era unha sorte de “escola de coaching e vida sá” que a verdade tiña un aspecto un pouco estrano..En todo caso tratáronnos ben e incluso na post-carreira fumos quenes de poder ducharnos alí.

Achegámos unha horiña máis tarde a “Centro de Congressos Alfándega” onde tiñamos que retirar o dorsal. Alí coincidimos co resto de maratonianos do Carma, Miguel Marzoa e os irmánsFran e Kandi.Despois de laretar un anaco e facer a fotiña de rigor deséxámonos boa sorte parao día seguinte. Suso e eu quedamos polo centro da cidade ata atopar un sitio onde facer a necesaria carga de carbohidratos e que desta quenda foi a base de patacas, arroz e frango principalmente. Seguidamente ao hotel e a descansar.

Eu durmín arredor de 5 horiñas pero a partir das 5 e pico xa estaba desvelado. Sobre as 6 despertou Suso e xa aproveitamos pra almorzar na habitación e as 8.15 xa tiramos cara a saída a que nos separaban uns dous km´s e medio. O ceo moi cuberto presaxiaba choiva e aire en carreira, e así foi ademáis dunha temperatura bastante fría.

Na saída tratamos de situarnos ben adiante, xa que o ano pasado que xa correramos xuntos tivemos a percepción de que un pouco máis atrás costa coller ritmo ata case pasados 3 kilómetros. Foi boa decisión porque despois do primeiro xa andábamos coa velocidade cruceiro prevista (polo menos ata a media maratón) de arredor de 4:30/km. Xa case dende o comezo a choiva apareceu e, aínda de xeito intermitente, xa non nos abandonou en todo o percorrido.

Neste punto teño que dar as grazas de xeito moi especial a Suso, que sacrificou un extraordinario estado de forma que de seguro lle daría unha marca Sub3h. por correr canda mín e facer de inmellorável lebre. A verdade é que foi un auténtico reloxio cando comprobo os parciais que ixemos…alucinante. Ademáis me fixo de “aguador” e pasou a carreira dándome non só folgos a mín senón a multitude de corredores, e era él quen animaba ao público ao pasar. Como me levou “có gancho” como se soe dicir, puiden aprezar perfectamente o seu correr doado, e sei de boa tinta que desfrutou coma un neno toda a carreira.

Pasamos a media maratón a 1h34´ longa e con boas sensacións. A verdade é que eu persoalmente me sentín bastante ben ata o km. 30; de feito comenteille a Suso que me notaba “vivo” nesa altura de carreira e os parciais indicaban que se apretaba os dentes dende aí teríamos o Sub 3:10 no peto (o que suporía MMP xa que teño 3:10:20). De feito íamos a ritmo de 3:08 prácticamente.

De volta da outra beira do Douro pola ponte afrontábamos a parte probablemente máis dura do percorrido, xa que a carreira está moi avanzada en kilometraxe a alonxándonos do centro convértese nunha zona máis solitaria que unido á dureza do día facía que case correramos sós durante uns 5 km. Nesta parte comezaba a sofrer de verdade. Suso me indicaba continuamente que seguíamos por baixo de 4.30 o kilómetro polo quee tocaba apretar aínda máis os dentes.

Pasado o túnel no centro seguíamos en tempo para o sub 3.10 pero despois do abastecemento do km. 35 empecei realmente a sofrer moito. No km. 37 (onde eu xa ía escarallado de todo) ven a anécdota “coñera” do día cando Suso púxose a cantar “Canta y no llores” e o portugués que tiña eu ao lado me di: “este está a brincar con nós? A verdade é que me arrincou un sorriso de onde xa non tiña ren, hahahaha! Ían caendo os segundos progresivamente pero polo 39 Suso me dí que aínda podemos facer o Sub 3:10 sen parar de animarme. Entón, chegando ao 40 e correndo xa sobre 5´/km foi cando lle dixen que erguía o pe, xa non ía facer sub 3:10 e realmente estaba destrozado. O derradeiro km. ía practicamente arrastrándome e incluso lle dixen que prefería camiñar os últimos 200m., pero non me deixou (ben feito Suso).

Chegamos á meta cun tempo de 3:12:48 o que supón a miña terceira mellor marca despois de9 maratóns. Probablemente foi a maratón onde cheguei máis esgotado.

Despois de beber e repoñernos un pouco na chegada comeceu o máis desagradable do día. O tempo virou a moito peor e ademáis de moita choiva comezou a facer un aire frío bestial que fixo que cada corredor tentara de poñerse a cuberto como ben puidera. Moito nos acordamos de Fran e Candi que aínda estaban en carreira e que de seguro estaban a sofrer as inclemenzas. Suso estivo como 15´ agardando no gardarroupa pola súa mochila. Todas as bolsas e pertenzas dos corredores espalladas polo chan mollado e baixo a choiva. Certamente inadmisible. Tarxeta vermella pra unha organización que polo demáis estivo ben, pero que tendo un “Bronze Label” da IAAF como ten non se pode permitir estos erros. Seica tamén houbo problemas nas duchas de feito. Moitos corredores entraron en pre-hipotermia porque algúns fixeron ata 45´ de cola no gardarroupa..Agardemos subsanen estes grandes erros en futuras edicións. As carreiras teñen que ter plan B, C..Neste sentido os maratóns de asfalto poderían aprender dalgunhas das grandes provas de montaña. O camiño ao hotel foi moi duro. Eu ía realmente lento e de feito penso que entrei tamén en pre-hipotermia, xa que ao chegar non sentía os pes e despois de ducharme 10´en auga quente seguía tremando sen control. Pouco a pouco fun mellorando e unha boa grelhada de frango e porco acabou por resucitarme. Volta a Galiza baixo un tremendo temporal xunto a Laura e Ángel que ían ata a Coruña, deixando antes a Suso en Vigo e a mín en Compostela.

Coma cada maratón que fago a experiencia é inesquecível. A Maratón ten algo especial, cheira

diferente a outras probas ou distancias sexa na estrada ou no monte. Ten un áurea de misticismo e romanticismo que namora.

Como diría o noso Presi Pancho: “Somos Maratonian@s!”

Fin de semana 20-21 octubre 2018

Ya se comenta en todos los foros atléticos que la nueva camiseta del CARMA, con el patrocinio de el Trigal está dando alas a las nécoras.

Cuatro carreras, cuatro, este fin de semana, y una vez más subiendo la negra al podio (tres veces este fin de semana).

Hiru Haundiak 2018

Hasta el Páis Vasco se nos fue Jeff a hacer la mítica prueba Hiru Haundiak (los tres grandes), que une los picos Gorbea, Anboto y Aizkorri, 102 kilómetros con un Desnivel positivo acumulado de 5126.

Y allí, después de 22h40’ cumplió su sueño de terminarla.

Por supuesto, una hazaña como esa bien merece una crónica (que esperamos ansiosos). Por ahora, tenemos sus primeras declaraciones:

“Hiru Haundiak 2018… no ha sido ni la más dura, ni la más larga, ni mucho menos la mejor ultra que me ha salido… pero pocas veces me he sentido tan satisfecho por cruzar una meta. Sería muy difícil y largo de explicar… estado físico, dudas, sensaciones… si tuviera que escoger una imagen para resumirlo todo, sería esta… volveré a correr una ultra pero no como ayer… o eso espero…”

JEFF

Carrera Vigo contra el cáncer 2018

Buena representación del CARMA en la ciudad olívica.

“Una carrera consolidada en el calendario de carreras de Vigo, y quizás la que, al margen de la Vig-Bay, mayor participación reúne, hoy con 858 finalizados en el 10 k y con casi 4.000 inscritos en el 5k (no competitivo).

Pues a falta de 2 semanas para el Maratón de Porto, y tras tantas semanas de rodar y rodar, y meter algo de calidad en estas últimas, apetecía probarse y ver si las sensaciones eran tan buenas como parecía tener últimamente.

Por cierto, hoy estrenaba la nueva equipación, que esta temporada cuenta con el patrocinio de El Trigal Panadería Pastelería para nuestro equipo, Car Marisqueiro.

Y para ello, este circuito de 5 kms, en el que se sube o se baja, con pocos tramos llanos. La salida este año fue diferente, retrasándose unos 500 metros y saliendo en subida. Aún así la gente salió rápido,y preferí no cebarme demasiado…y al final hice bien.

Los primeros 5 kms salieron en 18’20», y me sentía con fuerza, de hecho los segundos 5 kms salieron en 18’21» y 8″ los últimos 40 metros. No es un 10k homologado pero es curioso que a muchísima gente les salieron bastante peores marcas que el 10k del Berbés, sí homologado.

Al final, tiempo oficial: 36’49» (ritmo 3’40») – Posición 15º de 858.

Como hecho anecdótico, y puesto que llegué en la 15º posición, di por hecho que no habría ningún premio. Sin embargo, tras acabar la carrera y ya en casa, a punto de meterme en la ducha, se me dio por ver la clasificación y vi que había quedado 1º en la categoria Master A (35-40 años). Normalmente las carreras de RunRunVigo suelen tener una categoría única de 18 a 39 años, por eso interpreté que aquí sería lo mismo.

Ahora la próxima semana «10 kms por la Esclerosis» ,y en 2 semanas Maratón de Oporto!”

MARZOA

15 MIGUEL MARZOA RUÍZ M-15 MSAM-1 00:36:49
49 VICTOR ANGEL RIVAS CID M-48 MSBM-15 00:40:48
83 MIGUEL FREIRE RIVEIRA M-81 MSBM-31 00:42:35
171 JORGE LAMAS FERREIRA M-163 MSBM-64 00:45:09
194 CARLOS CID COELLO M-183 MSBM-70 00:45:55
342 JOSÉ ANTONIO GARABATOS CUADRADO M-318 MSDM-13 00:49:07
565 LUCÍA MARTÍNEZ COMESAÑA F-68 MSBF-25 00:54:24

XII Carreira Canón do Sil

Una crónica y unas declaraciones de las nécoras montunas en Parada do Sil, en esta prueba de montaña

“11 Nécoras nos bateríamos o cobre este fin de semana, polas beiras dos cañons do Sil, oito na distancia longa (Dani, Quini, Kapi, Pedrosa, Fonso, Míllara, César máis eu) e tres na media (Alfonso, Xabi e Anto)

Pola miña parte, marcharía xa o Sábado na compaña de Anto para non madrugar tanto o día seguinte e disfrutar un pouco da zona e facer un pouco de turismo.

A diferencia que en outras ocasións, o meu insomnio deixoume dormir bastante ben (cando o corpo anda canso…) e levantaríame con boas sensacións, que despois non serían tan boas… Almorzamos ben e saímos para o lugar da proba. Como a Anto déranlle o dorsal equivocado, tivemos pouco tempo para andar por alí e tomarlle un café de rigor.

Control de Saída e Anto vai dos primeiros, xa que estaban chamando os da media en principio. Unha mágoa porque non lle deu para a Carma foto…. Esa tensión que ben lle resultaría despois con ese merecido podio.

Minuto de silencio polas vitimas de Mallorca e dase a saída, un treito pequeno de estrada que fai de enlace cara o monte e a primeira baixada ata o km 4 donde iniciaríamos a primeira subida de entidade, case 6 kms desde os 250 mts ata os 950 mts de altitude. Fun controlando na baixada para non caer, respetando o resto de participantes nos embudos e manteño un bo ritmo nos inicios da subida, dou un visual e veñen xusto detrás Millara e Fonso, o cal me parece super estar alí con eles…. Demasiado bó parecía.. Cando a costa comenza a rexistrar as máximas porcentaxes quito os bastóns para facer uso deles e mentras estou abrindoos e deixando paso a un corredor que quería adiantar, perdo o equilibrio ó subir unha rocha e doume un bo golpe na “canilla” que me ten un bo rato parado… a partir de ahí xa non collería boas sensacións en toda a carreira.. e mira que ainda lle quedaba desde o km 7… A verdade que mentras non me pasou a dor, a subida fíxoseme dura…

Outra caída sen importancia na baixada que nos levaría ata as primeiras rampas do Alto de Meda, as cales atragántanseme un pouco o principio e pouco a pouco vou collendo boas sensacións ata o punto de adiantar a bastante xente nas duras rampas fináis antes das antenas, paradiña a repor auga no avituallamento e a descender desde o km 21… como xa non me pasaran poucas cousas.. non podo apretar baixando, aparte que as forzas xa non son as mesmas, porque canto máis apreto máis me doe o estomago… o que me fai parar en un par de ocasións (sen máis detalles ;))

Chegamos a parte final da proba e ainda que fun bebendo e bebendo, nótome moi deshidratado, seguramente relacionado co estómago, … faiseme moi dura a subida final que nos leva desde os “Balcóns de Madrid” ata Parada de Sil. Nos últimos dous kilómetros, ainda que ascendentes, permíteme a pesar do cansancio, correr un pouquiño para poder chegar a meta decentemente heheh..

O final, 4:58.. non vou decir que agardaba un pouquiño mellor, ainda incluso pola metade da carreira meus pensamentos eran outros. Pero non hai queixa, unha grande experiencia que sería total se non fose por ese susto de un dos compañeiros que nos tivo en vilo unhas horiñas. Agardoche que todo vaia ben, que hai que voltar (con calma) a chimpar polos montes”

ALBERTO

 

“Carreron cañon do Sil. Campeonato de España por equipo con muchos pros en la salida. Carrera de montaña , sin locura ninguna, pero dura por si misma. Sitio precioso de los que hay que volver . La última bajada y subida en el propio cañón entre los km 27 y 31 espectacular, de los mejores tramos en los que he estado. A nivel personal de las mejores carreras del año si me dicen que llegó en menos de 6 horas no hubiese apostado por mi.

Lo único malo el sustillo que nos dio un compañero de equipo.”

IVÁN

XXIII Medio Maratón de Pontevedra – MMPO2018

Sin duda que esta fue la prueba que más nécoras reunió este fin de semana. Varias nécoras han compartdo sus sensaciones.

Enhorabuena a Ferre por ese podio.

 

 

“No las tenía todas conmigo para intentar hacer esta mañana 1h 28′ después de las malas sensaciones de estos días. Aún encima un buen susto antes de empezar. Después de calentar casi 2 Km voy a la salida y al cruzar la barandilla de la medianera apoyo la mano para saltar y otro corredor de forma involuntaria me da con su pierna en la mano de apoyo y allá voy de bruces al suelo. Afortunadamente ni un rasguño.

En cuanto a la carrera, muy homogénea, empezando con una grupeta del Fontes do Sar al que me uní pasado el primer Km: 4’05» – 4’06» – 4’03» – 4’17» – 4’06» – 4’06» – 4’05» – 4’08» – 4’05» – 4’04» – 3’59». Como iban en progresión a partir del 12 bajé un poco el pistón consciente de que me podían reventar, haciendo los siguientes parciales en 4’02» – 4’05» – 4’17» – 4’05» – 4’12» – 4’05». Pasado el 17 pasé un mal momento con amenaza de flato pero fue pasar por la zona del polideportivo y volver a coger ritmo: 4’14» – 4’15» – 4’11» – 4’07» y haciendo los últimos metros a ritmo 3’40».

Contento con los 1h 27’16» (4’08»/Km) netos finales.

Puesto 186 de 1193 y en la categoría 8 de 93.”

PANCHO

 

“MM de Pontevedra 2018. A que foi a miña media maratón en ruta nº20 en pouco máis de 5 anos 🙂 1:31:01 (mellor marca nesta carreira en 3 participacións, gardando enerxía e sensación de poder ter feito menos tempo). 

Posto 305/1113 da xeral e 52/178 na miña categoría de veterás 3 (45-49 anos ). Seguimos pra repóquer”

LETE

 

«Este domingo tenía lugar la media maratón de Pontevedra a la que asistimos todos con muchas expectativas, aquellos que la hacen por primera vez, con ilusión porque la gente te dice que es una carrera llana en la que no vas a sufrir. Los que ya la han hecho, con la esperanza de hacer mejor marca que el año anterior.

En mi caso acudía con nervios, el año pasado había hecho una buena marca, dentro de mis posibilidades, y sabía que mejorarla, que era lo que correspondía, iba a ser difícil, y eso mi cabeza lo sabía.

La llegada a Pontevedra fue con tiempo para acudir a la CARMA foto, y muy bien, un numeroso grupo de compañeros, unos conocidos y otros no, siempre muy contenta de poner cara a aquellos que no conozco y de coincidir con los de Pontevedra por primera vez.

Luego un poco de calentamiento y arrancábamos!! En esta ocasión acompañada de Juan, Fran y Kandy con la intención de hacer lo posible para llegar en 1:50′, marca que al final no pudo ser, pero lo que sí logré fue mejorar mi marca en media maratón, eso sí, gracias a los compañeros, en especial a Juan, que tiró de mi casi toda la carrera.

Destacar que el tiempo se portó muy bien con nosotros y los ánimos de los vecinos de Pontevedra también fueron importantes. Destacar además la fantástica organización de esta carrera.

Ahora toca seguir entrenando y la próxima, como se suele decir, más y mejor!!

AURORA

 

“Gran carreira a do domingo en Pontevedra! Unha das medias clásicas de Galicia, e que é un gran test para unha posible maratón en novembro ou decembro. Rapidilla, pero na que sempre hai que sufrir durante a segunda volta. A miña idea era ir nun grupito de 8 compañeiros, con nécoras como Óscar ou Isaac, para facer 1h22′. Ao final Isaac e máis eu aceleramos a partir do km 4, na primeira subida, e volvimos a acelerar ao volver a ría no km 6, comezando a rodar en 3:40/km máis ou menos. Continuamos para adiante e mantivemos ritmo ata o km 14, onde volvemos a atopar a subida para entrar na zona urbana. Aí eu reducín un pouco, mentres que Isaac se mantivo ata o final facendo unha carreira espectacular! Noraboa!!! Como digo, eu mantiven o ritmo en 3:45/km ata o km 18 e xa logo a 3:50/km. Os parciais confirmaban que baixaría de 1h21′, o que me aseguraba marca persoal, algo que non esperaba! Así que preferín ir a asegurar, que non era pouco, e non arriscar.

Finalmente, 1h20’36» neto e 1h20’42» oficial, marca persoal en media maratón (anterior 1h20’59» na Riveira21 deste ano). Moi contento polo tempo, pero sobre todo polas sensacións para Porto e tamén, para ter continuidade de cara ao plan para a Maratón VigBay que comezarei en xaneiro.

Como sempre, un pracer compartir previa, quilómetros e tamén poscarreira con tantas nécoras! Noraboa a todas por esas marcas persoais e esas todavía mellores sensacións que tivéchedes case todos! Espectacular equipo!

PD: e felicitar tamén a David, todas as persoas voluntarias e a toda a organización por esta gran carreira!”

SUSO

 

“Decimoprimera participación en esta prueba. Y un año más con la sensación de que correr en casa no tiene precio.

Porque siempre es agradable y positivo que te aplaudan y te animen, pero cuando entre el público ves tanta gente conocida, y cuando te ven, y te lanzan gritos de ánimo “venga David”, “venga Boleas, “Venga papá…”buff, es que ya no sabes si te dan ganas de apretar el ritmo o de parar para dar un abrazo y un par de besos.

Empecé el día muy temprano. Como coordinador de los voluntarios de la Sociedad Gomnástica de Pontevedra, tuve que estar desde primera hora en los puestos de avituallamiento, descargando el agua y después coordinando a los voluntarios de la SGP que nos iban a servir de aguadores durante la carrera.

Después CARMA foto (18 nécoras, casi «ná») y a calentar.

Como siempre, el calentamiento fue un continuo saludar gente y parar a hablar con unos y otros.

En carrera, decidí unirme a la liebre de 1:35 (Dani de la Torre, el atleta, no el director de cine. ¡Menudo lujo de liebre!)

Según me dijo iba a ir a un ritmo constante de 4:30, así que pensé: bueno, pues voy con él hasta que pete, siempre tengo tiempo de esperar al globo de 1:40”.

Poco a poco me fui descolgando de ese grupo, pero siempre teniéndoles a tiro, pasando de hecho el kilómetro 10 en 45:10.

Y a partir de ahí fui perdiendo algo más de tiempo, pero siempre con las ganas de no bajar, de no rendirme, de intentar hacer una buena marca. Cuando di por perdido el 1:35 no bajé, iba bien, a gusto, sabiendo que podía acabar a ese ritmo. Aún podía hacer marca.

Cuando entré en el estadio escuché por megafonía que acababa en ese momento la liebre de 1:35. Así que hice la vuelta al tartán todo lo rápido que pude (aunque me adelantaron tres tíos que venían como motos)

Y así fue, cuando pasé el arco de meta y paré el crono flipé con mi 1:36:34. a 4:35.

Mejor Marca Personal.

Y quizás queda feo que yo lo diga, pero…qué carrera tan bonita, qué bien organizada, qué público tan entregado, qué maravilla de voluntarios.”

DAVID

 

 

Clasificación de las nécoras en la MMPO

13 FERRE   M-13 VT2M-3 01:16:33

49 SUSO   M-48 SNM-16 01:20:42

70 ÓSCAR LUIS   FERNÁNDEZ FERNÁNDEZ   M-68 VT2M-24 01:22:02

148 CACHO   M-146 VT3M-18 01:25:52

174 CRISTIAN   M-172 SNM-39 01:26:53

186 PANCHO   M-183 VT4M-8 01:27:26

246 ÓSCAR MANUEL   FERNÁNDEZ PÉREZ   M-241 VT2M-73 01:29:21

305 LETE   M-300 VT3M-52 01:31:15

476 DAVID   M-466 VT4M-31 01:36:45

520 ADAN   M-507 VT2M-144 01:37:52

603 TXABI   M-584 VT2M-164 01:40:24

611 JOSE MARIA   GIL TATO   M-592 VT3M-117 01:40:39

848 JUAN JOSÉ   PIÑEIRO MARTINEZ   M-802 VT3M-149 01:50:27

908 AURORA   F-57 VT3F-11 01:53:22

916 547   MONTXO   M-857 VT6M-14 01:53:47

950 KANDY   M-883 VT3M-160 01:55:04

952 1536   FRAN M-885 VT2M-233 01:55:04

1002 548   VICKY   F-85 SNF-21 01:57:25

1024 1808   KHENE   M-937 VT3M-172 01:59:14

Fin de semana 6-7 octubre 2018

 

Las ganas de lucir nuestra nueva camiseta han vuelto a movilizar a un buen montón de nécoras.

De todas sabemos (o suponemos al menos) que disfrutaron de lo lindo de los kilómetros hechos. De algunas tenemos amplia información.

 

IX Carreira PINGA-PINGA

Empezó el fin de semana con la novena edición de esta carrera organizada por nuestros amigos del Pinarium, con su famosa cuesta y su buen ambiente.

Nuestro compañero Cristian subió a lucir “la negra” al cajón, como segundo clasificado senior.

 

15 K do Atlántico

Amplia representación del CARMA en esta carrera, y grandes resultados.

Impresionante el pódium de corredores locales, que coparon nuestras tres nécoras guardesas Ferre, Josué y Anto.

Tenemos varios testimonios en primera persona

«8º de 502 con 53:24

3º Senior/3º local

No puedo pedir más: ¡esto es INCREIBLE!

Me ha salido una carrera muy bien gestionada y muy peleada hasta el final sin tregua, lo que le da más valor. Y con el apoyo de A Guarda en cada rincón me hizo sentir muy especial.»

Anto

 

“4 participación en el 15 k Atlántico, y 2 vez que me apunto a la locura de hacer tirada larga (a guardia-oia-a guardia) sobre 29 km, 

Este domingo realmente no tocaban tantos km pero como interesa sumar km y sobre todo horas de sufrimiento decidí hacer está tirada larga, en compañía de Isaac, Suso, José Antonio, Fran, kandy y Aurora, en el último momento se apuntaron algunos compañeros y amigos más así que aún montamos unos grupos majos que se fueron al final organizando por ritmos.. 

La idea era hacer la previa muy suave al para luego en la carrera poder apretar, pero al final los km de la semana hicieron que la carrera no pudiera ser todo lo fuerte que esperaba, de todos modos contento con el resultado y sobre todo con ir acumulando km cara a valencia.

Mis resultados de la carrera, puesto 173 y algo menos de 1 hora y 8 minutos.

La organización como siempre muy correcta y la carrera con viento a favor que siempre ayuda.”

Óscar

 

“Pues este domingo nuevamente me dejé liar, ji ji. Tenía lugar el 15 km del Atlántico, carrera en la que ya había participado los 2 últimos años y que me gusta mucho, tanto por su buena organización como por su recorrido y sus preciosas vistas, pero no, esta vez no tenía en mente acudir. 

El cambio de opinión fue en el último momento y debido a que mi entrenamiento para este domingo era de 26 km y ya que iban a ir bastantes compañeros del equipo y, además, varios tenían la intención de ahorrar el autobús y hacer la carrera ida y vuelta pues también me animé.

Con lo cual llegamos a A Guarda y varios compañeros del CARMA junto con algún añadido más nos pusimos rumbo a Oia. Mi intención era ir sola puesto que pretendía hacer la ida muy lenta para luego ser capaz de acabar la carrera, pero a pesar de que el grupo se fue separando, yo fui muy bien acompañada con Óscar, Fran y Kandy, y llegamos a Oia perfectos, a pesar del viento en contra que nos acompañó durante los 14 km.

Unos minutos para descansar, mentalizarnos, Carmafoto (que yo me perdí) y comenzaba la carrera. 

En este caso el viento era  a favor en muchas zonas, y se agradeció. Intenté mantener el ritmo con Fran y Kandy, aunque éste al final se vino arriba y nos dejó atrás, bueno, más bien me dejó a mi, ya que Fran se quedó para acompañarme y se lo agradezco muchísimo porque mi estómago en el último momento se puso un poco rebelde y de haber ido sola seguramente llegaría andando.

Al final 1:25′, segundos arriba o abajo, el resultado cómo el del año anterior, eso sí, con un calentamiento previo de 13 km, con lo cual, muy contenta!!!

Felicitar a todo el equipo por sus buenos resultados y porque esta vez coparon el pódium.”

Aurora

“Tal e como fixen a semana anterior coa 21K Costa da Vela, este domingo aproveitaría os 15k do Atlántico para facer unha nova tirada longa. Algúns repetíamos, como Óscar, Fran, Aurora e Isaac, e sumáronse outros como Jose Antonio, Kandy ou Montxo. Tocou madrugar para estar ás nove na Guarda (meta da carreira) e dende alí ir ata Oia, onde era a saída da mesma. Pouco despois de coller o coche, xa me din conta de que me esquecera o gps, así que tocaba rodar tranquilo na primeira parte e a ollo ou sensacións na segunda.

 

A primeira parte da tirada a fixen con Isaac e Jose Antonio. Foron algo máis de 13 km a pouco menos de 5’/km de media. Despois, a idea para carreira era 4′-4’10″/km máis ou menos, pero entre que me atopei ben e que non tiña referencias, saiu máis rápido. Fixen case toda a carreira con Isaac, o que axudou a manter un bo ritmo, que só baixei no último quilómetro e medio porque non había moitas forzas e todavía menos ganas de sufrir. Finalmente o tempo foi 57’44» (a 3’51″/km).

 

En total 28,7km en 2h6’44» (4’25/km). Unha gran tirada longa e un pracer ver a tantas nécoras (con tanto éxito)! Grazas tamén aos compañeiros de tiradas longas, un pracer volver compartir quilómetros con vos!”

Suso

 

5 JOSE CARLOS FERREIRA GONZALEZ   00:51:12

6 JOSUE MORENO LIRA   00:52:39

8 ANTOLÍN MARTÍNEZ MARTÍNEZ   00:53:24

40 JESÚS CONDE LAGO   00:57:44

47 VICTOR ANGEL RIVAS CID   00:59:02

78 JOSE ANTONIO RODRIGUEZ ALVAREZ   01:01:06

79 JUAN CARLOS PAZ GONZÁLEZ   01:01:13

105 MAIKEL PATINO ANICETO   01:03:53

166 ALFONSO CODÓN VEGA   01:07:20

173 ÓSCAR MANUEL FERNÁNDEZ PÉREZ   01:07:54

184 ROBERTO GARCÍA COLLAZO   01:08:25

187 RAFAEL FERNÁNDEZ VAZQUEZ   01:08:40

191 JOSE ANTONIO RIVERA RIVERA   01:08:43

412 JOSE RAMON CONDE TORRES   01:19:51

456 KANDY OTERO SALGUEIRO   01:24:08

464 AURORA LÓPEZ CASTRO   01:25:29

465 FRANCISCO JAVIER OTERO SALGUEIRO   01:25:29

 

Sistelo Extrem Marathon

Hasta Portugal se desplazó Lete, haciendo este maratón en 4:11:57 y quedando 16º de la general.

Pero mejor  hacéis click en el enlace adjunto y leéis su crónica

https://carmarisqueiro.com/sistelo-extreme-marathon-7-10-2018/

 

V Trail de Arcos José Teixeira

26 kms y 1600 metros de desnivel positivo en los que estuvieron Alberto, Alfonso y Millara.

Sabemos que Alberto lo hizo en 3h33’, quedando en el puesto 38 y que Alfonso quedó segundo en su categoría (25 de la general). Alberto 38 y Millara 46.

 

 

XX Carreira Festa do Marisco – O Grove

Luis Sá y SanMikel hicieron una gran carrera en O Grove.

Luis Sá 16 de la general, 4º de su categoría.

San Mikel 25 y 20 de su categoría