Seleccionar página

Por Lete

Qué dicir do día de hoxe..A miña 10ª Maratón en ruta en menos de 6 anos correndo xa é História. A Maratón e os maratonian@s somos sen dúbida un submundo maravilloso. Se a iso lle unes correr a primeira (será a única???) Maratón Vig-Bay cun ambente espectacular e máis de 30 nécoras do Car Marisqueiro en carreira convértese nunha xornada inesquecível.

También puedes seguir nuestras aventuras y carreras en Instagram

Despois dunha preparación moi abrupta onde nunha primeira fase primou o volume e a forza por riba de adestramentos de calidade (pensando nos 58km dende Lalín a Santiago que finalmente non puiden facer por circunstancias persoais), fumos quenes de reorientar o plan cara a unha VigBay cun resultado finalmente moi satisfactorio.

O feito de ter 3 concertos esta semana incluindo desprazamentos a Vigo e A Coruña (onde tocamos onte Sábado á noite chegando a Baiona ás 00:30 do día da carreira..) supoñía un triple salto mortal..

O plan era sinxelo: Pegarme aos globos de 3:15 dos compañeiros de clube Alejo Fernandez e Luis Sá (auténticos reloxios suizos, muito obrigado aos dous!) e ver qué sucedía.

Fun regulando moito e sempre orbitando arredor deles e a verdade tiven toda a carreira boas sensacións chegando hoxe realmente enteiro á Meta de Baiona.

Carreira dura, de perfil “montaña rusa” pero que desfrutei moito 🙂

Tempo neto: 3:15:01
Posto na xeral: 162/1080
Posto categoria (45-49 anos): 36/216

El Trigal

O dito, dadas as circunstancias moi complexas de sobre todo o último mes contento e feliz non, o seguinte 😉

Vindeira parada: por determinar..

Grazas mil ao meu adestrador pero primeiro  amigo Diego Rojo 😘

Grazas en especial ao meu cuñado Juan Manuel Llorente Vara. Se non fose por él hoxe non podería estar escribindo isto. Quérote irmán ❤

E Grazas mil aos meus compañeiros de Clube, o Car Marisqueiro. O mellor clube do mundo. Non fai falla ser alcalde pra velo e proclamalo 😉

Grazas tamén a El Trigal Panadería Pastelería polo seu contínuo apoio ao equipo.

E por riba de todo adícolle está a miña 10ª Maratón ao meu Amor Sonia Calvo. Ti sí eres unha verdadeira Campeona ❤