Seleccionar página

Por Lete

Cando alá pola Primavera pasada comencei a cavilar sobre qué provas importantes facer no Outuno de 2018 (aínda non correra nin a Maratón da Coruña nin a Ultra Trail Serra da Freita, pero os corredores somos así de tolos..), pensei novamente en poñerme coma reto facer dúas provas de calibre preto unha da outra. Finalmente as elixidas foron a “Sistelo Extreme Marathon” (7 de Outubro) da que xa fixen crónica (e que probablemente foi unha das miñas mellores carreiras ata o de agora) e a outra sería a Maratona do Porto do 4 de Novembro na que sería a miña segunda aparición trala do ano pasado.

También puedes seguir nuestras aventuras y carreras en Instagram

Quedara co compañeiro e amigo Suso Conde pra desplazarnos a Porto e fixemos a viaxe na agradável compaña de Ángel e Laura, dous compañeiros seus colaboradores tamén no grande portal galego de carreiras Correr en Galicia , e que tamén ían facer a maratón e a proba de 15k respectivamente . A verdade é que a viaxe fíxose curta e moi agradável falando obviamente todo o rato da paixón que nos une.

Chegamos a Porto arredor das 17:00 hora local e tanto eles coma Suso e eu fumos primeiro ao noso hotel a deixar as cousas. O noso hotel resultou un lugar ben curioso, ademáis de que nos custou identificalo pola ausencia de cartel que indicara algo. Era unha sorte de “escola de coaching e vida sá” que a verdade tiña un aspecto un pouco estrano..En todo caso tratáronnos ben e incluso na post-carreira fumos quenes de poder ducharnos alí.

Achegámos unha horiña máis tarde a “Centro de Congressos Alfándega” onde tiñamos que retirar o dorsal. Alí coincidimos co resto de maratonianos do Carma, Miguel Marzoa e os irmánsFran e Kandi.Despois de laretar un anaco e facer a fotiña de rigor deséxámonos boa sorte parao día seguinte. Suso e eu quedamos polo centro da cidade ata atopar un sitio onde facer a necesaria carga de carbohidratos e que desta quenda foi a base de patacas, arroz e frango principalmente. Seguidamente ao hotel e a descansar.

Eu durmín arredor de 5 horiñas pero a partir das 5 e pico xa estaba desvelado. Sobre as 6 despertou Suso e xa aproveitamos pra almorzar na habitación e as 8.15 xa tiramos cara a saída a que nos separaban uns dous km´s e medio. O ceo moi cuberto presaxiaba choiva e aire en carreira, e así foi ademáis dunha temperatura bastante fría.

Na saída tratamos de situarnos ben adiante, xa que o ano pasado que xa correramos xuntos tivemos a percepción de que un pouco máis atrás costa coller ritmo ata case pasados 3 kilómetros. Foi boa decisión porque despois do primeiro xa andábamos coa velocidade cruceiro prevista (polo menos ata a media maratón) de arredor de 4:30/km. Xa case dende o comezo a choiva apareceu e, aínda de xeito intermitente, xa non nos abandonou en todo o percorrido.

Neste punto teño que dar as grazas de xeito moi especial a Suso, que sacrificou un extraordinario estado de forma que de seguro lle daría unha marca Sub3h. por correr canda mín e facer de inmellorável lebre. A verdade é que foi un auténtico reloxio cando comprobo os parciais que ixemos…alucinante. Ademáis me fixo de “aguador” e pasou a carreira dándome non só folgos a mín senón a multitude de corredores, e era él quen animaba ao público ao pasar. Como me levou “có gancho” como se soe dicir, puiden aprezar perfectamente o seu correr doado, e sei de boa tinta que desfrutou coma un neno toda a carreira.

El Trigal

Pasamos a media maratón a 1h34´ longa e con boas sensacións. A verdade é que eu persoalmente me sentín bastante ben ata o km. 30; de feito comenteille a Suso que me notaba “vivo” nesa altura de carreira e os parciais indicaban que se apretaba os dentes dende aí teríamos o Sub 3:10 no peto (o que suporía MMP xa que teño 3:10:20). De feito íamos a ritmo de 3:08 prácticamente.

De volta da outra beira do Douro pola ponte afrontábamos a parte probablemente máis dura do percorrido, xa que a carreira está moi avanzada en kilometraxe a alonxándonos do centro convértese nunha zona máis solitaria que unido á dureza do día facía que case correramos sós durante uns 5 km. Nesta parte comezaba a sofrer de verdade. Suso me indicaba continuamente que seguíamos por baixo de 4.30 o kilómetro polo quee tocaba apretar aínda máis os dentes.

Pasado o túnel no centro seguíamos en tempo para o sub 3.10 pero despois do abastecemento do km. 35 empecei realmente a sofrer moito. No km. 37 (onde eu xa ía escarallado de todo) ven a anécdota “coñera” do día cando Suso púxose a cantar “Canta y no llores” e o portugués que tiña eu ao lado me di: “este está a brincar con nós? A verdade é que me arrincou un sorriso de onde xa non tiña ren, hahahaha! Ían caendo os segundos progresivamente pero polo 39 Suso me dí que aínda podemos facer o Sub 3:10 sen parar de animarme. Entón, chegando ao 40 e correndo xa sobre 5´/km foi cando lle dixen que erguía o pe, xa non ía facer sub 3:10 e realmente estaba destrozado. O derradeiro km. ía practicamente arrastrándome e incluso lle dixen que prefería camiñar os últimos 200m., pero non me deixou (ben feito Suso).

Chegamos á meta cun tempo de 3:12:48 o que supón a miña terceira mellor marca despois de9 maratóns. Probablemente foi a maratón onde cheguei máis esgotado.

Despois de beber e repoñernos un pouco na chegada comeceu o máis desagradable do día. O tempo virou a moito peor e ademáis de moita choiva comezou a facer un aire frío bestial que fixo que cada corredor tentara de poñerse a cuberto como ben puidera. Moito nos acordamos de Fran e Candi que aínda estaban en carreira e que de seguro estaban a sofrer as inclemenzas. Suso estivo como 15´ agardando no gardarroupa pola súa mochila. Todas as bolsas e pertenzas dos corredores espalladas polo chan mollado e baixo a choiva. Certamente inadmisible. Tarxeta vermella pra unha organización que polo demáis estivo ben, pero que tendo un “Bronze Label” da IAAF como ten non se pode permitir estos erros. Seica tamén houbo problemas nas duchas de feito. Moitos corredores entraron en pre-hipotermia porque algúns fixeron ata 45´ de cola no gardarroupa..Agardemos subsanen estes grandes erros en futuras edicións. As carreiras teñen que ter plan B, C..Neste sentido os maratóns de asfalto poderían aprender dalgunhas das grandes provas de montaña. O camiño ao hotel foi moi duro. Eu ía realmente lento e de feito penso que entrei tamén en pre-hipotermia, xa que ao chegar non sentía os pes e despois de ducharme 10´en auga quente seguía tremando sen control. Pouco a pouco fun mellorando e unha boa grelhada de frango e porco acabou por resucitarme. Volta a Galiza baixo un tremendo temporal xunto a Laura e Ángel que ían ata a Coruña, deixando antes a Suso en Vigo e a mín en Compostela.

Coma cada maratón que fago a experiencia é inesquecível. A Maratón ten algo especial, cheira

diferente a outras probas ou distancias sexa na estrada ou no monte. Ten un áurea de misticismo e romanticismo que namora.

Como diría o noso Presi Pancho: “Somos Maratonian@s!”