Seleccionar página

Segunda época, segunda temporada, episodio 9

 

También puedes seguir nuestras aventuras y carreras en Instagram

Carreira: Ultra Trail Serra da Freita 65k.

Data: 27 de xuño de 2026.

Lugar: Arouca – Portugal.

Datos significativos: 68,86 km / 4.182 m D+ / 17 h 54 min 41 s

Por César Martínez González

Logo de abandoar ó ano pasado na proba de 100 km, este ano tiña unha débeda pendente coa Freita, pero, coñecendo a dureza da proba, e as miñas limitacións, os 65 km xa eran máis que suficientes. Este ano cumplíanse vinte edicións, e houbo algúns cambios de percorrido, pero o todo o demáis se mantiña intacto: a dureza, a calor, o cariño dos voluntarios, a boa organización e marcaxe perfecta, os trilhos…

Saída ás seis da mañá das probas longas, con ambiente fresco e nubes. Bo augurio, ou eso pensaba eu. Ata chegar ó alto do “Trilho das Goelas do Mundo era o mesmo traxecto do ano pasado. Como xa o coñecía, tomeino con calma e fixándome un tempo de tres horas para completar este treito e, máis ou menos, así salíu. Ambiente espectacular alí arriba, con moito público e ata un DJ poñendo música para ameniza-la subida. A partir de aquí, comenzan os cambios respecto á edición anterior. Tomamos un sendeiro á esquerda, e imos cara a aldea de Cando, onde tomamos o “Trilho do Xuízo Final para baixar ata Río de Frades, onde se atopaba o segundo avituallamento. Ata aquí, todo segundo o previsto. Como, bebo, e fago o primeiro cambio de roupa (camisetas e calcetíns). Aínda non quenta moito a calor, pero a humidade é asfixiante, e teño a roupa pingando. A estas alturas, levo bebido máis líquidos que en ninguna outra carreira que eu me lembre.

O seguinte parcial vai a se-lo máis duro, xa que nos separan ó redor de dezasete kilómetros do seguinte abastecemento, e un litro de auga non sería suficiente para ese tramo. Pasamos pola mina e a fervenza do río de Frades, pero en sentido inverso ó habitual, para tomar o “Trilho do Carteiro que une Río de Frades con Cabreiros e Tebilhão. Pero nos desviámonos cara Candal para poder subi-la Besta, porque, correr na Freita e non pasar por alí, é unha utopía. Na iglesia de Candal hai fonte, e unha muller que agarda polo seu home co maleteiro do coche cheo de neveras con bebidas frescas. ¡Unha santa, a que, por sorte, iba a atopar algunha vez máis no camiño! Á subida á Besta polo “Trilho Quinto dos Infernos” non defrauda. É un treito corto que se vai complicando a medida que se ascende, xa que a auga fai acto de presenza, e comeza a dificulta-la estabilidade sobre o terreo. Prácticamente fago a subida a catro patas e, aínda así, hai puntos nos que non teño claro poder avanzar sen esbarar. Por sorte, o tempo está seco, se non, esta ascensión sería unha tolería. Unha vez coroada, viramos á dereita para retornar ó sendeiro do Carteiro e pasar por Tebilhão, en dirección á casa do Vidoeiro, terceiro abastecemento do día. De novo me atopo coa santa de Candal, que me ofrece auga fresca para encher os meus bidóns. O sol apreta, e hai pouca sombra no camiño 🥵. Para a miña desgracia, empezo a notar molestias nas plantas dos pes, coma se levase arena dentro da zapatilla, primeiro indicio de que teño rozaduras e xa non teño roupa de cambio dispoñible ata chegar a Lomba. Dada a situación, teño que parar máis da conta no abastecemento, e poño zapatillas, plantillas e calcetíns ó sol para que sequen. Voto dúas mans de vaselina para intentar mellora-las cousas, e aproveito o tempo para comer e beber. Prefiro perder tempo que non arriscarme a non poder andar de aquí en diante.

Póñome outra vez en marcha, e teño a impresión de ir mellor, pero móvome con precaución. A calor segue sen dar tregua, aínda que non chegamos ós trinta grados, pero o sol semella implacable. Vou gañando confianza, e mesmo gaño algunha posición, apoiándome no terreo favorable, xa que é todo descenso ata chegar ás “Escadas do Martirio”. Aquí chego xa moi canso, con algún problema para beber e comer, o que non axuda moito. A chegada a Lomba, cuarto avituallamento, é un vivo retrato do nome do trilho. O único que me axuda é saber que a miña muller está alí e me axudara a recuperarme. Aínda así, vou co corazón a mil por hora, e tardo moito en voltar á calma. Novo cambio de roupa, máis vaselina nos pes, pero agora tamén levo a entreperna en carne viva 😩. A falta de previsión estame a penalizar, e con esto non contaba. O certo é que partira pola mañá pensando en chegar á meta no tempo que me levou chegar a Lomba, pero non hai escusa posible, e teño que responsabilizarme dos meus erros. Intento comer e beber algo, recupero o alento, e póñome en marcha coa esperanza de arrastrarme ata á meta sen máis inconvintes. Os tempos de corte son moi amplos, e o único que mo pode impedir é a miña incompetencia.

Hai que subir ata Alberguería da Serra, e o sendeiro ata o radar meteorolóxico non é doado. Por sorte, xa é o derradeiro tramo con tanto desnivel acumulado pero hai que roelo. Unha vez arriba, baixada polas Pedras Parideiras ata o sendeiro que encara a Frecha da Mizarela.

Xa se ve Albeguería da Serra, e alí volta a coidar de min a miña muller (outra santa máis no meu paseo pola Freita). Buscamos alternativas para as rozaduras e intento beber algo, que comer non podo. Empezo a tiritar de frío, polo que boto man da chaqueta e tamén do frontal, porque a noite se achega. Cando saio do abastecemento vexo a lúa chea á miña dereita, pero pronto se cubre coa néboa. Non queda máis que un longo descenso ata Arouca e, a estas alturas da proba, só me queda a satisfacción de poder chegar a meta. Nalgún treito forzo o ritmo, pero non consigo mante-lo porque as náuseas me deteñen cada certo tempo. Volvo a entrar en calor, e teño que saca-la chaqueta, pero nada do que faga me alivia o malestar. O único que me da forzas nesta zona é o sonido da Macarena de fondo, que nalgunha festa estaba soando a todo trapo. E así, con máis pena que gloria, e logo de case dezaoito horas, regreso a Arouca e entro en meta baleiro por completo. Esta vez puiden chegar a meta, pero non sei se vale a pena face-lo nestas condicións. Haberá que reflexionar con calma unha vez que pasen os días, e buscar solucións ou alternativas que me permitan disfrutar das carreiras.

O meu máis sincero agradecemento ós compañeiros que me acompañaron ó longo do día por Whatssapp. Sen eles, probablmente, o resultado final sería outro ¡Saúde e kilómetros, amigos!

El Trigal

César Martínez




Bonus

Carreira: Nocturna San Xoan

Data: 23 de xuño de 2026

Lugar: Vigo

Por Jose Garabatos

18 nécoras, 18, participaron nesta singular carreira de asfalto. Pero so seis acudiron á carmafoto. Hai que darlle unha volta a esto.

Carmafoto

Digo que singular, porque é unha carreira curta pero matadora. E promete ser máis matadora nos próximos anos. A calor e a humidade adoitan ser elevadas. Porén, a organización non considera oportuno ofrecer avituallemento líquido a media carreira porque, din, a distancia e menor de 10 km e non temos obriga de dar auga. Digo eu que non teñen obriga, pero que tampouco está prohibido que a den. O caso é que a meirande parte dos atletas chegan deshidratados á meta, a non ser que leven a súa propia botella de agua. Eso foi o que eu fixen, e aínda así, pasei momentos moi difíciles. Era a miña volta ás carreiras e tiven un desfalecemento no que me subiron as pulsacións que me obligaron a parar e botar a andar un rato.

Afortunadamente, recuperei e puiden chegar a meta correndo.

Parabéns a todas as nécoras que completaron a carreira, especialmente as senior-girls Alicia e Mari que, novamente, lograron postos de honra, terceira e cuarta de categoría, respectivamente, sendo Mari a auténtica dominadora do circuíto RunrunVigo.

PD.: Alicia e máis eu, en cualidade de excompañeiros de Pancho no instituto, ademáis de orgullosas nécoras, dedicamos os nosos esforzos ao presidente. Forza Pancho!

Jose G.