Seleccionar página
Este domingo nos desplazamos a disputar o Campionato Galego de Veteranos tres membros do clube: Antonio Barreira (lonxitude e xavalina 40 – 44 anos), Fernando Abreu (xavalina e 10000 metros 45- 49 anos) e un servidor en 10000 (45 – 49 anos). Ao final o compañeiro Fernando conseguiu dúas medallas de prata. Antonio e eu quedamos ás portas. Esta vez non foi posible acadar medalla pois o nivel na miña categoría era superior ao da edición pasada.

Comezamos a xornada tralo xantar cando nos acercamos ás pistas a recoller o dorsal. Aproveitei para modificar a categoría na que aparecía xa que me falta mes e medio para cumprir os 45 anos. Se chego a quedarme na que estaba levaría medalla pero non sería xusto.

A tarde foi pasando facendo unhas fotos aos meus compañeiros durante o concurso de xavalina e lonxitude.

A carreira de 10000 estaba prevista para as 19 horas pero demorouse polos atrasos doutras probas 30’. Entre os participantes había un nivel diverso e destacaba a participación de Oliver (quen rompeu a carreira xa nos primeiros metros) e Recouso do Coruña Comarca e de Paz e Veloso do Academia Postal. A temperatura era bastante agradable e tras poñer as “voladoras” tocou quentar Kilómetro e medio aproximadamente.
A estratexia que me fixara era saír sobre 3’50’’/Km e como soe pasar nestes casos te deixas levar polo ímpetu inicial. A carreira desde a primeira volta rompeuse nun rosario de corredores. Me fixei como referencia que non se me foran moito Paredes (Asociación Deportiva do Barbanza) quen me sacara na edición do ano pasado 20’ e Francisco Javier Espiña (Esprintes de Ourense). Tras facer os 3 primeiros Km levaba un ritmo medio de 3’35’’/Km e tiña a menos de 100 metros aos compañeiros. Nestas xa me dobrara Oliver (ao final o faría 3 veces). De respiración ía bastante ben e comprobar que as miñas referencias non só non se distanciaban senón que, volta a volta, lles recortaba foi un estímulo. Con todo, o esforzo pasaba factura e nos Km 4, 5, e 6 os parciais saíron por riba de 3’40’’/Km aínda que non sobrepasaron os 3’45’’/Km. Xa sobrepasara a Paredes e tiña moi cerca a Espiña ao que cando collín pouco estiven detrás posto que cando me sobrepasou un corredor do Verxel intentei seguilo (foi un erro xa que o pagarei ao final) e Espiña se pon a roda.
 No último terzo de carreira xa non fun tan cómodo pero conseguín incrementar o ritmo e volver a rodar por debaixo de 3’40’’/Km. Nas dúas últimas voltas pago o esforzo e vexo como me sobrepasa Espiña e pese aos seús ánimos para que me poña detrás sacarame uns metros. Pasamos por liña de meta e non soa a campá.

Ante a miña sorpresa vexo o reloxo e pese a facer a carreira da miña vida o crono pon que paso de 38’. Nesta última volta apreto para intentar baixar dos 39’17’’ que teño de marca e paro o crono en 39’02’’. Ao pasar uns segundos comprobamos que a labor dos xuíces foi un caos e varios corredores fixemos unha volta de máis e mesmo un corredor dos Veteranos de Samil fixo unha de menos porque se fiou do toque de campá que lle fixeron. Así que non gocei na chegada o tiempazo que fixen dominado pola frustrante idea de non ter recoñecida a miña marca e posto. Afortunadamente o xuíz de torre de control se oliu o posible desastre e nos últimos 5 pasos por meta sacou fotos finish e tras un traballo arduo por parte dos xuíces (iso hai que agradecelo) recompúsoxe a clasificación o que me permite ter unha MMP oficial de 37:33:78 que pulveriza o meu obxectivo de 38’ para esta tempada. O compañeiro Fernando Abreu fixo unha carreira intelixente regulando o ritmo e levando o premio da medalla na súa categoría. No meu caso a medalla non puido ser pero o ano, se non hai contratempos, o volveremos intentar.

Moitas grazas a María José Grobas e a Antonio Barreira polos ánimos que volta tras volta me daban ao pasar por liña de meta.