Seleccionar página

 

También puedes seguir nuestras aventuras y carreras en Instagram

Gran crónica de nuestro compañero César, acompañada por un entreno y una carrera de nuestras nécoras veteranas Pancho y David

 

 

 

CRONICA LONG TRAIL GUARA SOMONTANO

 

Esta fin de semana desplaceime ata Alquézar, en Huesca, con un doble obxectivo, deportivamente falando: rematar a proba Long Trail (porque non chega a Ultra), de 52 km; e, acadada esta primeira meta, conseguiría ser «finisher», ou simplemente remata-lo circuito de carreiras Spain Ultra Cup, na súa versión M (carreiras entre 50 e 60 km, aproximadamente). Basta con rematar tres das oito probas que compoñen o circuito para acadar ese mérito. As carreiras escollinas baixo tres premisas:

 

1. Dispoñer de tempo suficiente para recuperarme entre elas.

 

2. Poder viaxar coa familia, polo que non só era importante o destino, senón a loxística do desplazamento.

 

3. Atractivo da carreira.

 

Así pois, logo de Penyagolosa en abril, e Serra Nevada en xullo, restaba únicamente o Ultra Trail Guara Somontano, na súa versión Long Trail. A priori, trátase dunha carreira amable, cun desnivel positivo concentrado en dúas subidas, e moito terreo no que se podía correr, polo que me marquei un obxectivo ambicioso de oito horas. As miñas dúbidas centrábanse en cómo respondería ante a dura subida, coñecida coma «o muro», e qué tempo teríamos, porque a zona é moi seca, a pesares de contar con moitos cursos de auga, e non agardaba atopar moita sombra polo camiño.

 

 

 

Así as cousas, o sábado tocaba madrugar, xa que a saída dábase ás sete da mañá.

Comezamos dando un pequeno paseo polo pobo, ata que nos adentramos nun sendeiro en subida, regado coas luces dos frontais dos que levo diante. A conseguinte baixada ata o fondo dun barranco é sinuosa, e pedregosa. Non é momento de arriscar, así que baixamos con calma. Tampouco hai moito sitio para adiantar, porque o camiño é estreito. A seguinte subida lévanos ata o alto do barranco, polo que transitamos, afortunadamente, coa suficente distancia do borde para non corre-lo risco de caer. De alí ata o primeiro punto de control, o camiño convértese en pista, e o ritmo increméntase. Agora toca regresar ata Alquézar, por onde voltamos a pasar logo de 14 kilómetros, e onde percorremos as pasarelas do río Vero. O terreo é corrible, pero o meu estómago aínda non dixeriu o almorzo, e teño que baixa-lo ritmo. Paso polo avituallamento case sen parar. Non preciso comer, e só encho un bidón con auga. En total levo litro e medio, en previsión da calor do camiño. Comezamos a primeira subida longa do día, que nos leva ata o alto da ermida la Viña. Neste tramo xa me pasan os primeiros da proba de 38 km, que saíron unha hora despois de nós, sobre todo no tramo de subida, onde se nota a diferencia de ritmo. A baixada é moi técnica, con moitísima pedra solta, de tódolos tamaños e formas. Aquí o nocello, que teño mancado dende maio, me da algún problema, polo que decido non arriscar, agardando tempos mellores. Logo, a carreira discorre por diversos sendeiros, con moitos subes e baixas que, a min polo menos, non me deixan coller ritmo. Chego o terceiro avituallamento, no km 26, e cambio os calcetíns por precaución. Xa quenta o sol con ganas, e non quero ter problemas nos pés, coma xa sufrira en Granada. Certo que a calor non é a mesma, pero máis vale previr. Saio cheo de auga, ben comido, que agora xa levaba fame, e comezo a aproximación cara o punto determinante do día. Imos por un sendeiro sinuoso e estreito, con moita pedra, cruzando algún regato seco, e algún tramo de arboleda con sombra, onde o terreo tórnase en terra , e nalgunha baixada mesmo esbaradizo. Comezo a escoitar berros ó lonxe, que identifico con algún grupo que esté practicando barranquismo (din que a zona é espectacular para practicar esta disciplina). Pero logo caio na conta de que os ríos non levan moita auga, e que igual non é esta a orixe das voces. Chegamos á bifurcación da carreira ultra e da long. Alí se atopa un voluntario para avisar de tal circunstancia, sendo él o que berraba. O son da súa voz, aumentado polo eco do barranco, aínda me acompañará un longo rato de ascensión. Comeza «o muro». Teño claro que hai que subir con calma, sen presa, pero sen pausa, e póñome mans e pes á obra.

 

 

 Non levei bastóns, porque supoñía que nesta subida non me ían servir de nada, e creo que acertei, porque en moitos tramos tiven que botar as mans para poder ascender. Os tramos máis «cómodos», viñan sendo aqueles nos que atopabas grandes formacións de pedra, con moitas aristas e recovecos nos que mete-los pes e mans. Por aí subíase ben, pero logo o terreo pasaba a estar formado por pedra solta miúda, ou mesmo terra e, co desnivel, en vez de avanzar, había veces que retrocedías, mesmo provocando pequenas avalanchas, o que dificultaban moito máis a ascensión. O sol pegaba ben, pero corría aire, e mesmo a carreira pasaba por zonas de sombra, así que, por esta parte, non había queixa. Non sei exactamente o tempo que alí estiven trepando, pero calculo que uns 45-50 minutos, para facer un kilómetro e medio. Ata o de agora, non vin cousa igual, aínda que estou seguro que, como as meigas, habela haina máis dura. Eu, a pesares de vir mentalizado, cheguei arriba baleiro, sen forzas case que para andar. E aínda quedaba seguir subindo un par de kilómetros máis, ata o seguinte avituallamento. Pero nesta parte xa me botei a camiñar, tentando recuperarme físicamente, para o derradeiro tramo de carreira.

Porque logo dunha subida, ven a súa baixada, e, dende o avituallamento de Mesón de Sevil, tres cuartas partes, ou algo máis, é baixada. Comín e bebín, e seica me sentou ben, porque saín de alí con folgos renovados. Comencei a baixar aumentando o ritmo, e pasando xente. Non pensaba eu que me ía a atopar tan ben a estas alturas, pero as sensacións eran moi boas. Chego ó derradeiro avituallamento, a cinco kilómetros de meta. Dende alí, a metade é subida, por unha pista amplia e tendida, na que vou pouco a pouco, aumentando o ritmo, e pasando a máis corredores. Cando collo o tramo final de baixada, apreto aínda máis, e as miñas pernas responden. Así que, decido non controlarme, e baixo a toda pastilla. Qué boa sensación chegar a meta así. Mesmo cando encaro a recta de meta, e me atopo cos meus fillos, lles boto un sprint, para demostrarlles que aínda mando eu (a ver por cánto tempo).

 

Satisfeito polo traballo ben feito, non só durante a carreira, senón o de antes, tanto nos adestramentos coma na planificación. Como diría o outro, «me encanta que los planes salgan bien».

  

 

Agora, a recuperar uns días, e a preparar o asalto de Barcelos. Pero eso xa será outra historia.

César

 

 

El Trigal

 

XIII Carreira Popular Coruña 10

Nunca había corrido esta carrera, y la verdad es que tampoco la tenía entre mis planes. Fue mi entrenador el que me animó a correrla, pensando en la preparación y como etst cara a la media de Pontevedra y al maratón que quiero correr en Málaga en diciembre.

Buen día para correr. Fresquito y húmedo, como a mí me gusta.

 

Lo mejor, que aunque no la había hecho nunca sí conocía perfectamente el recorrido después de los 4 maratones corridos en la ciudad herculina.

 

La niebla no dejaba ver la torre de Hércules desde Riazor, pero recordaba muy bien la subida continua, los pequeños repechos…

 

Y bien, muy contento con haber corrido a gusto, con un ritmo medio (y uniforme) de 4:35 y acabando en un digno 45:52.

 

Próxima parada, mi querido medio maratón de Pontevedra

 

David

Khene también estuvo, y por lo que se ve, lo pasó bien

 

CARMA Entreno

… Y volvimos a los CARMA entrenos saliendo del Verbum y enfilando por la carretera de la costa. Quedamos a las 9:30 un nutrido número de nécoras con diferentes distancias. Estaban Miguel Freire y Jose Avendaño que andan cortos de Km por lo que con sensatez decidieron hacer 14 Km. Miguel Ángel Fernández realizó 22. De los que vamos a Valencia Jose Antonio Rodríguez, Maikel Patino y servidor realizamos 28, mientras que Fran Lago tenía 32.

Antes

Buena temperatura (15ºC) y bastante humedad (88%).

 

Los primeros 2 Km los hicimos en grupo. A partir de ahí los que menos distancia tenían aceleraron y configuramos un grupo «los 4 de Valencia» tirando hasta la rotonda de Playa América y regreso por el mismo trazado.

 

En mi caso tenía como ritmo objetivo 4’40» – 4’20». Me encontré muy cómodo hasta el Km 15 y a partir de ahí en las subidas tenía que bajar «el pistón» y a duras penas mantuve el ritmo de Fran mientras que Jose y Maikel se marcharon desde Coruxo. Lástima Fran que tuvo que hacer sus últimos 4 Km en solitario por Samil.

 

Invertí en los 28 Km 2h 08’49» (4’36»/Km) con parciales por Km en 5’14» – 4’49» – 4’43» – 4’35» – 4’44» – 4’48» – 4’51» – 4’39» – 4’36» – 4’44» – 4’39» – 4’46» – 4’35» – 4’37» – 4’42» – 4’45» – 4’29» – 4’28» – 4’31» – 4’31» – 4’34» – 4’13» – 4’25» – 4’26» – 4’29» – 4’14» 4’26» y 4’15».

 

Luego 1 Km de trote.

Después

TOTAL: 29,06 Km 2h 16’10» (4’41»/Km)

 

Acabada la semana con peso medio de 65,9 Km, 89,3 Km recorridos y con la sensación de dar otro pasito de cara a llegar en el estado de forma que me gustaría el 1 de diciembre.

 

Pancho