Seleccionar página

Segunda época, primera temporada, episodio 6

Hoy tenemos dos carreras, una en Silleda y otra en Vilatuxe, Lalín, por la sierra del Candán, en las que las nécoras y El Trigal estuvieron ampliamente representados. Aquí dos crónicas.

También puedes seguir nuestras aventuras y carreras en Instagram

 

José Francisco y Mari en Silleda:

Carrera: X Carreira popular Abanca. Semana Verde de Galicia. Nocturna, 7 km.

Fecha: 6 de junio de 2025

Lugar: Silleda (Pontevedra)

Se trata de una carrera nocturna de 7 km. por un circuito por pistas rurales, tierra y asfalto, muy bacheado, por el paso de vehículos agrícolas.

José Francisco y Mari antes de la salida

Con una participación de 80 corredores.

Carrera muy rápida, con cuestas largas pero poco pronunciadas, excepto en el entorno del kilómetro cinco o seis, donde, después de una bajada corta, pero pronunciada con el fin de pasar bajo la autopista  AP53, nos encontramos, con una subida un poco larga. En ese tramo, algunas piernas deciden caminar un poco. El orgullo no te permite, pero ya te conformas con mantener la posición.

Alrededor de los 23 minutos entró el primer corredor.

Alguno se conforma con llegar en 37 minutos 8ª posición en MASTER C

MARI entra  con 43 minutos suficiente para obtener la 1ª posición en MASTER C

Mari, como casi siempre, en el podium. Esta vez en lo más alto. ¡Enhorabuena!

La parte que menos me gusta, es la falta de voluntarios en los cruces, en el km 3 avituallamiento, sin nadie (auto servicio).

Medalla FINISHER.  Carrera homologada por la federación y TROFEOS muy chulos.

Por lo demás fue nuestra tercera participación. Llegamos a casa a las 12 de la noche. Cosas de las carreras nocturnas.

Por MARIA CARMEN Y JOSE FRANCISCO

El Trigal

 

 

César na serra do Candán:

Carreira: Desafío Serra do Candán

Data: / de xuño de 2025

Lugar: Vilatuxe

Datos significativos: 34,94 km / 2308 m D+ / 5 h 33 min 20 s

A Serra do Candán é un lugar espectacular. A carreira, que organiza o Galaico Trail Run naquelas terras, é de parada obrigatoria, se non anual, porque non se pode ir a tódalas carreiras, sí, polo menos, cada certo tempo. Así que, con algúns compañeiros do clube, Alfonso, Ramiro e Jorge, aínda que estes dous últimos só a dar folgos e disfrutar do ambiente, por mor das súas lesións, alá nos fomos o venres pola tarde para recoller o
dorsal e non ter que pegarnos o madrugón na mañá do sábado.

César en pleno esforzo

O obxectivo básico, coma sempre, é rematar dunha peza. Pero, este ano, a quince días da visita á Serra da Freita, onde todo comezou, a carreira debía servirme como derradeira proba para coñecer en qué estado me atopo, e como derradeiro adestramento exixente.

Era a miña cuarta participación, pero a primeira vez que o percorrido se facía en orde inversa, polo que había gañas de ver cómo son esas subidas e baixadas polo outro lado. Facía fresco pola mañá, pero todo apuntaba a que sería un bo día, sen moita calor e sen choiva, como así foi. Foto de rigor, saúdo con Iñaki, que viaxou pola súa conta, e para a liña de saída. Xúntome a Alfonso, coa intención de ir tras él mentres as pernas aguanten, e, xa en catro ou cinco quilómetros o deixo por imposible (está forte coma un touro), e prefiro reservar para non estoupar. Ó fin e o cabo, van ser ó redor de seis horas de carreira, e non quero que me pase o mesmo que en anteriores edicións.

Facía tempo que non participaba na proba, polo que, a medida que avanzo, vou lembrando algunhas zonas, mentres que outras me sorprenden, ben porque son máis duras, ben porque son máis longas do esperado. De todos modos, a primeira parte do percorrido, polo lado que imos este ano, fáiseme máis doada, xa que se pode avanzar rápido a pesares da dureza. Aínda así, vou tranquilo, coñecedor de que a proba está a
partires da subida ó Coco, a máis longa do día, que nos leva ó punto máis alto con case que 1000 metros de altitude. Ó pasar polo segundo avituallamento do día, Ramiro e Jorge están a agardar por min, pero xa non os verei máis ata a meta, porque o ritmo que levan Iñaki e Alfonso é espectacular e, se queren darlles ánimos, van ter que esquecerse de min. Mellor así, que non me agobio por ter que chegar canto antes ós próximos abastecementos

Reunión de nécoras na ruta

Antes do comezo da subida ó Coco, avituallamento onde me refresco e como para non flaquear ata o cume, e imos cara arriba. Coma é habitual, vese que hai unha pista máis xeitoxiña pola que se pode subir, seguramente ata o mesmo sitio, pero nós imos case que en liña recta. Será para que cheguemos antes. A primeira parte é máis tendida, pero, chegado a un punto, distingo as camisetas dos corredores que levo diante nunha senda vertical que anticipa dor. Pois sí, non estaba equivocado. Pero, ó contrario que outras veces, a pesares do cansancio, manteño un ritmo constante, e fáiseme levadeira a subida. De todos modos, é un tramo no que me adiantan algúns que levan presa. Ó pasar polo cume, meto algo para o bandullo, e lánzome cara abaixo coa intención de non parar no seguinte abastecemento. Vou bastante rápido, para o que son eu, e levo algún susto, pero non afrouxo. Polo avituallamento paro a beber, que sí vai a facer falla, e sigo o descenso ata o río.

Unha vez que o cruzo e, para non perder costume, collo cara a esquerda, e intento pasar por un camiño de silvas. Se as hai cando vou adestrar, igual nesta carreira tamén deixaron algún tramo máis sucio. Menos mal que un par de voluntarios ma fan ver que o camiño está cara o outro lado. Voume rindo de min mesmo ata que voltamos a subir. Tócalle o turno á costa da fariña.

A subida habitual é dura, aínda que corta, polo que lembro, e teño curiosidade por ver cómo se da por esto outro lado. A verdade é que se me fixo longa e desgastoume bastante, pero permite avanzar sen grandes dificultades técnicas. Non coma a baixada que nos espera. Alí, entre a miña torpeza, algunhas rochas máis planas do desexable, e unhas raíces traicioneiras, prefiro non arriscar e baixar a modo. Prefiro chegar á meta con tódolos dentes no sitio. Este é o tramo máis técnico do día, creo eu, e cóstame bastante moverme, pero respiro aliviado cando chego á parte máis baixa sen sobresaltos. Queda unha subidiña ata Bustelos, na que volvín a trotar por momentos, pero máis forzado porque non se daba rematado e tiña ganas xa de chegar arriba, que buscando forzar para gañar tempo. Por este lado coido que se me fixo máis longo este tramo, pero a perspectiva cambia de face-lo con 10 kilómetros nas pernas, a facelo con 25. No avituallamento bebo e como algo, xa que, polo perfil, aínda ten que quedar unha sorpresiña, e así foi. Un par de kilómetros cara abaixo a bo ritmo, que xa é momento de gastar o que queda dentro, para desembocar nunha subida corta, pero moi dura, e onde apreta o sol que non vexas. Xa non queda nada, así que forzo a marcha todo o que son
capaz. Dende o alto, continúo a moi bo ritmo na baixada, que ata me sorprendo a min mesmo de cómo vou disfrutando. Aínda resta algunha pequena subida máis, pero o cheiro a meta non deixan que me relaxe, e consigo entrar en meta en pouco máis de cinco horas e media, un pouco máis que unha das novelas de Miguel Delibes.

¡Meta! e tan fresco.

Logo de refrescarme no río, ou mais ben, conxelarme, busco ós compañeiros para ir a cambiarme e comer unha boa paella conversando sobre cousas de corremontes. Hoxe as cousas saíron moi ben, e isto dame confianza de cara a Freita, que era do que se trataba.
Pero esa, xa é outra historia.

Este parece ser o principal obxectivo

Tempo oficial: 5:33:20. Tempo neto: 5:22:12. Posición xeral: 88. Posición sexo: 82. Posición categoría (Veteráns B) 19.

Por Cétsar Martínez González