Seleccionar página

Por César

También puedes seguir nuestras aventuras y carreras en Instagram

Despois de uns anos de apredizaxe, e de acumular experiencia en carreiras curtas, e  outras máis longas, para este ano 2019 reservara o meu estreno, e punto final, na distancia entorno ós 100 kilómetros. O trail que organiza o clube Amigos da Montanha en Barcelos, presentábase como a ocasión ideal, por ser unha carreira “amable”, na que se pode avanzar máis fácilmente que en outras probas de mayor dificultade técnica.Así pois, para Barcelos marchamos Míllara, Alfonso, Jorge, Ramiro e máis eu, na tarde noite do sábado. Saímos ás once da noite, hora local, con choiva lixeira e algo de fresco. O ritmo de saída sorprendeunos. xa que en douscentos metros xa nos quedamos rezagados, e prácticamente derradeiros da carreira, pero tiñamos claro que o ritmo habiámolo marcar nós, e que moitos dos que ían por diante, acabarían caendo no transcurso da proba. A carreira comparte o percorrido do ultra de 69 kilómetros, que xa fixera o ano anterior, polo que o coñecía bastante ben, e engadía un bucle de 32 kilómetros, aproximadamente para completa-la distancia, pasando un par de veces polos mesmos camiños, aínda que en sentido inverso. Xa que logo, tiñamos por diante moitas subidas, aínda que de escasa lonxitude, algunhas con bastante pendiente, e baixadas nas que se podía recuperar tempo e mesmo disfrutar. O terreo non tiña moita tecnicidade, según eu lembraba, pero este ano cambiaban un par de aspectos: a distancia, e a fatiga acumulada por pasar toda a noite esperto; e a climatoloxía, xa que a choiva non nos dou tregua ata o mediodía, e o frío que nos acompañou en boa parte do percorrido. Así pois, a lama, a pedra esbaradiza, os camiños inundados, fixeron que en motias partes o ritmo de avance fose menor do esperado, e as dificultades para manterse en pe estivesen á orde do día en moitas ocasións.

A noite fíxose dura por mor da choiva e do frío, e porque mirar durante oito horas coa luz dun frontal non é moi sano para o cerebro. Tampoco axudou que os avituallamentos estivesen moi espallados entre sí, nin que ó chegar a eles, apenas quedase algo quente que meterlle ó corpo. Quizáis esa foi unha das causas que provocou o abandono de Míllara, que decidiu non continuar, e se quedou no kilómetro 48. Os demáis seguimos avanzando, xa coa luz do día, para chegar á base de vida na que poñer roupa seca, toda unha gozada despois de case que once horas de molladura. No seguinte tramo de carreira, Ramiro non conseguiu atoparse cómodo, e no seguinte avituallamento, logo de tomar sopa e bifana para recuperar forzas, e algún a súa cervexa negra para o espírito, separámonos, por un lado, Jorge e máis eu, que saímos antes, e Alfonso e Ramiro, que virían por detrás.

El Trigal

Nós arrancamos con forza, na subida ó monte do Emigrante, no que fixemos escalada mais que carreira. Logo atopamos un tramo no que puidemos correr un bo anaco, e recuperar tempo, que falta nos había de facer para non chegar fora de control á meta. Logo do seguinte avituallamento, no que este ano non había hamburguesa (moi mal non avisar de esta circunstancia no regulamento), comeza o tramo máis duro, ó meu entender, polos kilómetros xa acumulados, e porque tocan dúas subidas consecutivas, enlazadas por unha baixada curta, na que non da tempo a recuperarse do primeiro esforzo. Ademáis, o derradeiro cortalumes e moi vertical, e hai que chegar con bo espírito a él para non flaquear. Sorte que non ten moita lonxitude, e que una vez rematado, xa se chega a capela que coroa o monte. Dende alí afróntase unha longa baixada, bastante técnica o principio, que logo suaviza, e permite correr, a pesares da cantidade de auga e de pedra que nos atopamos.  Aquí xa tiñamos claro que habiamos entrar en tempo, pero a intención era a de chegar canto antes á meta, polo que seguimos empuxando. Teño que dicir que, de non estar Jorge alí, o meu ritmo sería moito menor, pero, gracias ó seu empuxe, conseguín apretar case que ata o final. Porque, unha vez que chegamos ó casco urbano de Barcelos, xa non tiña máis de onde sacar forzas, e fixemos esta parte con máis calma, para conseguir entrar en meta logo de 19 horas e 22 minutos, onde nos agardaba Fernando, aburrido de tantas horas alí tirado. Sinto non poder chegar antes 😊.

Marchamos para a ducha, para que non nos collera o frío, e a alegría veu ó saír da mesma, coa chegada de Ramiro e Alfonso, que conseguirán entrar en meta dentro do tempo máximo establecido. Se duro foi para min, que me atopei ben durante todo o camiño, máis duro tivo que ser para Ramiro, que se soubo sobrepoñer ós malos momentos, para acadar o seu obxectivo.

En resumo, unha fin de semana que lembrarei con cariño no futuro, da que seguro que sacarei moitas conclusións positivas, e que me axudará a superar malos momentos que virán, tanto no mundo das carreiras, coma no mundo real.

Un placer compartir kilómetros con vós, compañeiros.