¿Sabías qué? 46/52


Cando alá pola Primavera pasada comencei a cavilar sobre qué provas importantes facer no Outuno de 2018 (aínda non correra nin a Maratón da Coruña nin a Ultra Trail Serra da Freita, pero os corredores somos así de tolos..), pensei novamente en poñerme coma reto facer dúas provas de calibre preto unha da outra. Finalmente as elixidas foron a “Sistelo Extreme Marathon” (7 de Outubro) da que xa fixen crónica (e que probablemente foi unha das miñas mellores carreiras ata o de agora) e a outra sería a Maratona do Porto do 4 de Novembro na que sería a miña segunda aparición trala do ano pasado.
Quedara co compañeiro e amigo Suso Conde pra desplazarnos a Porto e fixemos a viaxe na agradável compaña de Ángel e Laura, dous compañeiros seus colaboradores tamén no grande portal galego de carreiras Correr en Galicia , e que tamén ían facer a maratón e a proba de 15k respectivamente . A verdade é que a viaxe fíxose curta e moi agradável falando obviamente todo o rato da paixón que nos une.

Chegamos a Porto arredor das 17:00 hora local e tanto eles coma Suso e eu fumos primeiro ao noso hotel a deixar as cousas. O noso hotel resultou un lugar ben curioso, ademáis de que nos custou identificalo pola ausencia de cartel que indicara algo. Era unha sorte de “escola de coaching e vida sá” que a verdade tiña un aspecto un pouco estrano..En todo caso tratáronnos ben e incluso na post-carreira fumos quenes de poder ducharnos alí.

Achegámos unha horiña máis tarde a “Centro de Congressos Alfándega” onde tiñamos que retirar o dorsal. Alí coincidimos co resto de maratonianos do Carma, Miguel Marzoa e os irmánsFran e Kandi.Despois de laretar un anaco e facer a fotiña de rigor deséxámonos boa sorte parao día seguinte. Suso e eu quedamos polo centro da cidade ata atopar un sitio onde facer a necesaria carga de carbohidratos e que desta quenda foi a base de patacas, arroz e frango principalmente. Seguidamente ao hotel e a descansar.

Eu durmín arredor de 5 horiñas pero a partir das 5 e pico xa estaba desvelado. Sobre as 6 despertou Suso e xa aproveitamos pra almorzar na habitación e as 8.15 xa tiramos cara a saída a que nos separaban uns dous km´s e medio. O ceo moi cuberto presaxiaba choiva e aire en carreira, e así foi ademáis dunha temperatura bastante fría.
Na saída tratamos de situarnos ben adiante, xa que o ano pasado que xa correramos xuntos tivemos a percepción de que un pouco máis atrás costa coller ritmo ata case pasados 3 kilómetros. Foi boa decisión porque despois do primeiro xa andábamos coa velocidade cruceiro prevista (polo menos ata a media maratón) de arredor de 4:30/km. Xa case dende o comezo a choiva apareceu e, aínda de xeito intermitente, xa non nos abandonou en todo o percorrido.
Neste punto teño que dar as grazas de xeito moi especial a Suso, que sacrificou un extraordinario estado de forma que de seguro lle daría unha marca Sub3h. por correr canda mín e facer de inmellorável lebre. A verdade é que foi un auténtico reloxio cando comprobo os parciais que ixemos…alucinante. Ademáis me fixo de “aguador” e pasou a carreira dándome non só folgos a mín senón a multitude de corredores, e era él quen animaba ao público ao pasar. Como me levou “có gancho” como se soe dicir, puiden aprezar perfectamente o seu correr doado, e sei de boa tinta que desfrutou coma un neno toda a carreira.
Pasamos a media maratón a 1h34´ longa e con boas sensacións. A verdade é que eu persoalmente me sentín bastante ben ata o km. 30; de feito comenteille a Suso que me notaba “vivo” nesa altura de carreira e os parciais indicaban que se apretaba os dentes dende aí teríamos o Sub 3:10 no peto (o que suporía MMP xa que teño 3:10:20). De feito íamos a ritmo de 3:08 prácticamente.
De volta da outra beira do Douro pola ponte afrontábamos a parte probablemente máis dura do percorrido, xa que a carreira está moi avanzada en kilometraxe a alonxándonos do centro convértese nunha zona máis solitaria que unido á dureza do día facía que case correramos sós durante uns 5 km. Nesta parte comezaba a sofrer de verdade. Suso me indicaba continuamente que seguíamos por baixo de 4.30 o kilómetro polo quee tocaba apretar aínda máis os dentes.

Pasado o túnel no centro seguíamos en tempo para o sub 3.10 pero despois do abastecemento do km. 35 empecei realmente a sofrer moito. No km. 37 (onde eu xa ía escarallado de todo) ven a anécdota “coñera” do día cando Suso púxose a cantar “Canta y no llores” e o portugués que tiña eu ao lado me di: “este está a brincar con nós? A verdade é que me arrincou un sorriso de onde xa non tiña ren, hahahaha! Ían caendo os segundos progresivamente pero polo 39 Suso me dí que aínda podemos facer o Sub 3:10 sen parar de animarme. Entón, chegando ao 40 e correndo xa sobre 5´/km foi cando lle dixen que erguía o pe, xa non ía facer sub 3:10 e realmente estaba destrozado. O derradeiro km. ía practicamente arrastrándome e incluso lle dixen que prefería camiñar os últimos 200m., pero non me deixou (ben feito Suso).
Chegamos á meta cun tempo de 3:12:48 o que supón a miña terceira mellor marca despois de9 maratóns. Probablemente foi a maratón onde cheguei máis esgotado.

Despois de beber e repoñernos un pouco na chegada comeceu o máis desagradable do día. O tempo virou a moito peor e ademáis de moita choiva comezou a facer un aire frío bestial que fixo que cada corredor tentara de poñerse a cuberto como ben puidera. Moito nos acordamos de Fran e Candi que aínda estaban en carreira e que de seguro estaban a sofrer as inclemenzas. Suso estivo como 15´ agardando no gardarroupa pola súa mochila. Todas as bolsas e pertenzas dos corredores espalladas polo chan mollado e baixo a choiva. Certamente inadmisible. Tarxeta vermella pra unha organización que polo demáis estivo ben, pero que tendo un “Bronze Label” da IAAF como ten non se pode permitir estos erros. Seica tamén houbo problemas nas duchas de feito. Moitos corredores entraron en pre-hipotermia porque algúns fixeron ata 45´ de cola no gardarroupa..Agardemos subsanen estes grandes erros en futuras edicións. As carreiras teñen que ter plan B, C..Neste sentido os maratóns de asfalto poderían aprender dalgunhas das grandes provas de montaña. O camiño ao hotel foi moi duro. Eu ía realmente lento e de feito penso que entrei tamén en pre-hipotermia, xa que ao chegar non sentía os pes e despois de ducharme 10´en auga quente seguía tremando sen control. Pouco a pouco fun mellorando e unha boa grelhada de frango e porco acabou por resucitarme. Volta a Galiza baixo un tremendo temporal xunto a Laura e Ángel que ían ata a Coruña, deixando antes a Suso en Vigo e a mín en Compostela.
Coma cada maratón que fago a experiencia é inesquecível. A Maratón ten algo especial, cheira
diferente a outras probas ou distancias sexa na estrada ou no monte. Ten un áurea de misticismo e romanticismo que namora.
Como diría o noso Presi Pancho: “Somos Maratonian@s!”
Nuevo fin de semana de kilómetros de asfalto y monte, y algunos con mucha agua. Desde los más cercanos en la zona de Baiona a los de “allende los mares” en Nueva York.
3 nécoras abrieron el fin de semana de competiciones, César, Alfonso y Míllara
“Non estaba anotada no meu calendario pero, como me encaixaba ben, o sábado fun ata Baiona para participar nos 26 km do Trail Serra da Groba. O tempo acompañou: nin vento, nin frío, nin choiva, nin sol…Vamos, un ni-ni en toda regra. Únicamente unha densa néboa na parte alta da carreira, a cal, unida ás vacas come balizas de plástico, fixo que pasaramos un rato a cegas.

Polo demáis, carreira máis rápida do que eu agardaba, pero bonita, e con terreo variado: zonas para correr, zonas de ascenso duro, baixadas técnicas…Ata me permitin a licencia de adiantar xente na baixada cara Baiona (sería pola súa torpeza ou estarei mellorando nas baixadas??🤔).
O mellor da carreira, ó meu entender, o percorrido e o avituallamento final (empanada, churrasco e chourizo).No aspecto negativo, a tendencia que se está a instalar de correr con altavoces a todo volumen (qué culpa temos os demáis de que che guste eso que ti chamas música), e a cantidade de botellas de plástico tiradas polo percorrido. Facía tempo que non me atopaba con tanta basura nunha carreira polo monte.”
César
Míllara 2:50:55
Alfonso 2:56:27
César 3:20:16
Comenzó el fin de semana “na raia”, con esta gran carrera a ambas orillas del Miño y de la que nuestro compañero Anto nos cuenta sus impresiones.
Y cómo no, una vez más lo hace desde lo alto del podio

“12,3km 48:20
6° de 280 1° Senior
Espectacular prueba nocturna, que llevando un frontal luminoso, fuimos corriendo por la fortaleza, márgenes del Miño, cruzando el puente internacional y callejeando por el casco histórico de Tui, entrada en dos discotecas míticas y un final en la Corredera. Impresionante, se queda corto…
Me están gustando mucho los urban y me encuentro muy fuerte en ellos, y no son sencillos.
Agradecer a Polbotrail el dorsal que me tocó en su sorteo 😊
Y como no: Gracias a cada uno de vosotr@s que apoyáis y en especial a quien dedica su tiempo en ir a verme”
Anto
5 nécoras en nuestra querida ciudad hermana de Oporto enfrentándose a los 42,195.
Enorme la retransmisión que nos hizo vía whatsap Javi. Radio CARMA a tope
Grandes los 5

“Habiendo corrido este año ya el maratón de A Coruña en abril, no tenía en mente hacer otro durante el resto del año, pero gracias a Correr en Galicia y mediante un sorteo de un dorsal para correr en Oporto me entró el gusanillo, probé…y tocó! Y en mes y medio preparación concentrada y exprés para el maratón.
Aun así, participé en algún 10k hasta la semana previa, y me notaba bien de sensaciones. El maratón siempre es una prueba que me supera, no se extrapolan las marcas de 10k y 1/2 Maratón que tengo al resultado que suelo obtener, pero debe ser por eso que me gusta aceptar el reto de los 42.
Pues el maratón de Porto, una vez ya he participado, tengo que decir que es recomendabel, algo más duro de lo que creía a priori, aunque también es cierto que el día poco ayudó, con lluvia y viento que conforme avanzaba la prueba, se iban haciendo más intensos.
La idea era intentar bajar de 2:55, y de salida las piernas iban bien, el pulso sobre lo esperado, y los primeros kms, que son los más rompepiernas del circuito, los iba llevando bien. Sin embargo, a partir del km 11 empecé a tener “dificultades” para mantener el ritmo, me costaba, y me empezaba a mosquear. Cosas como “si ya voy así ahora, que todavía faltan 30 kms, como acabará esto…”. Sin embargo tuve la gran suerte de que me cogió un grupo de unos 8 corredores, me pude integrar en el grupo (sufriendo algo) y pude pasar la media en 1:27:20 y mantenerme con ellos hasta el km 25. Ahí me descolgué y ya a partir del km 28 empezaron los problemas. Notaba cansancio y los cuadriceps como piedras. Bueno, haciendo números, el objetivo era el sub3, muy mal se tenía que dar, pero tenía miedo de los kms finales, pegados a la costa.

La clave fue qué el viento que tuvimos en contra en la primera parte del circuito, en los últimos 4 daba a favor, y aunque a esas alturas no notas nada, yo veía las banderas ondear a favor de nuestra marcha y esos 3 kms finales fueron una especie de “resurrección”.
Al final entrada en meta en 2:58:20 neto, puesto 153 de 4676 llegados, y saboreando una medalla que costó mucho trabajo ganarla.
La gran suerte que tuve al terminar, era que había dejado la ropa en el coche, porque el guardarropa fue un desastre, y con el frío, lluvia y viento que hacía…
Agradecer a mis compañeros del #carmarisqueiro (a Kandy, Suso, Lete y Fran) el fin de semana en Oporto, y a El Trigal Panadería Pastelería por su apoyo al club”
Marzoa
El compañero Lete, aparte de comentar su experiencia, nos deja una gran crónica en este enlace. NO OS LA PERDÁIS
https://carmarisqueiro.com/?p=977&preview=true
“Novena maratón no peto. Condicións meteorolóxicas moi adversas. Hoxe quería baixar de 3:10 e facer MMP. Ata o 40 todo ía ben en grande medida Grazas ao compañeiro e amigo Suso Conde que me levou co gancho toda a carreira, me fixo de aguador e me animou incansablemente. Mil Grazas Crack! Estaba para facer 3:08/3:09 pero..no 40 acabouse a gasolina e cheguei a facer o derradeiro km. a 7’ de ritmo.

En todo caso moi feliz, paseino en grande, sufrín como un can especialmente os derradeiros 5-6 km, tiven unha compaña inmellóravel en Suso e partilliei unha finde con compañeiros maratonianos do Car Marisqueiro. Non podo pedir máis 🙂
Tempo neto: 3:12:48, a miña terceira mellor marca na distancia. Posto Xeral 389/4678 e 77/829 na miña categoría M45.
Agora toca descansar (un pouco) pero xa con carreiras en mente, sobre todo a Vig-Bay XL de Abril 2019. Estamos enfermos “
Lete
“Por terceira vez estaba na liña de saída da XV Maratona de Porto. O día era bastante desagradable, pero con moitas ganas de afrontar a aventura e tamén con moi boas sensacións. Tanto eu como a nécora Lete, con quen ía correr toda a carreira. O obxectivo era baixar de 3h10′, e ata o km 38 íamos tanto en tempo como en ritmo de facer 3h09′ moi baixo. Pero ata aí chegamos. O km 39 e o km 40 xa foron en 5’/km. O reloxo marcaba 3h00’30» e 2,195km en 9’30» era factible, pero o ritmo xa non o era. De feito, km 41 algo máis lento todavía e o último quilómetro a 7’/km. Tempo neto 3h12’45» e tempo oficial 3h13’00».

Moi moi contento. Non se puido lograr o obxectivo, pero nin o día acompañaba nin houbo esa pizca de sorte. Un pracer compartir toda a carreira con Lete e poder disfrutar dunha maratón sen ir ao extenuado ata o límite. Pero é que ademais, para min é a miña segunda mellor marca! Así que moi satisfeito de rematar unha maratón máis, nun gran tempo e cunhas sensacións tan boas.”
Suso
Marzoa 2:58:20
Suso 3:12:45
Lete 3:12:45
Fran 4:43:32
Satán 4:43:32
En Nueva York tuvimos a nuestro compañero Montxo. Y aunque no estuvimos allí, lo vivimos en directo gracias a la “retransmisión” que nos hicieron en directo Javi y Xan. Gracias a la aplicación de la prueba y al whatsap, estuvimos aplaudiendo a y dando ánimos Montxo desde el puente Verrazano de Staten Island hasta Central Park.

Fue una retransmisión emocionante, en las que todos los que la estábamos siguiendo aplaudimos y respiramos aliviados cuando Montxo cruzó la meta en 4:01:50

Espectacular foto de Montxo en Central Park
“El domingo corrí el medio maratón de la 7-14-21 km Carreira Cidade de Narón. Era una carrera de 1, 2 ó 3 vueltas a un circuito de 7 km y los corredores nos podíamos parar en la vuelta q quisiéramos. Calenté unos kilómetros bajo la lluvia para hacer un poco más largo el rodaje y fui hacia la salida. Allí me encontré con Txema, colega del Car Marisqueiro y con su cuñado, que nos sacó unas fotos fantásticas 🙂.

Comenzamos la carrera 250 corredores y nada más salir cayó un gran chaparrón. Terminamos la primera vuelta empapados y se quedaron en meta los 85 corredores q sólo completaban 1 vuelta de 7 km. La lluvia había parado y continuamos para completar la segunda vuelta. Voy bien de ritmo, a la velocidad q quería ir.
Termino la segunda vuelta y comienzo la tercera. De repente me siento un poco solo. No veo a más corredores por delante. Al cabo de un rato, un coche de policía se pone detrás de mí. Me echo a un lado y le hago señas para q pase. El conductor se echa a reír y me dice q no, q va a venir detrás de mí. Uhmmmm…🤔 Empiezo a mosquearme. ¿Será q soy el último? 😕 A lo lejos alcanzó a ver otros 2 corredores q van delante de mí. Sigo a mi ritmo. El coche patrulla se pone a mi lado y el policía me pregunta si voy en la tercera vuelta. Le contesto que sí y vuelve a ponerse detrás. Así como voy pasando por los voluntarios q cortan los cruces, el policía va parando y hablando con ellos. Cada vez lo tengo más claro: ¡Soy el último! Jajaja 😂

Sigo a mi ritmo estándar y con la intención de cumplir mi objetivo de llegar entre 1h48’ y 1h50’. A falta de un par de km adelanto a un corredor y el coche de policía deja de seguirme. Ya no soy el último jejeje😁. 1 km después adelantó a otro corredor. Llego a meta en mi tiempo objetivo de 1 h49’ entre los ánimos de los compañeros y del speaker. De los 250 q habíamos tomado la salida, sólo 47 habíamos terminado el medio maratón (y casi todos eran más rápidos q yo jajaja 😂).
Objetivo cumplido y un rodaje largo más camino del Maratón de Valencia. Próxima parada, Carreira Solidaria polo Parkinson, en O Burgo. 9 km a los que les meteré unos 15 km de calentamiento para hacerlo más divertido “
Khene

Nuevamente, fin de semana en el que las nécoras desafiaron al frío (esta vez sí que sí) y salieron a lucir la negra en varias carreras.
Después de la presentación oficial del equipo el viernes pasado, las carreras en las que hubo representación carmiense fueron
«O domingo participei na 41 Carreira Pedestre de Santiago. Unha carreira espectacular! Unha carreira especial!
Pasar polo Obradoiro antes da saída. Comezar subindo a costa de Xoan XXIII, na que nunca sabes ben que facer. Xa dende a subida en Concheiros, a carreira comeza a ser distinta. Logo esas rúa polo escuro Ensanche (bonitas non son, pero tenme gracia correr por aí). A parte do Campus, na que parece que vas adestrando como calquera outro día da semana. Despois un quilómetro e pico por Galeras e Salvadas, que pouco agradecido é esta parte! Pero chega Vite, a que para min é a mellor parte da carreira. No fondo, todos sabemos que levamos 9km esperando a que chegue ese momento (para ben ou para mal, pero é o momento). Un penúltimo quilómetro recuperándote do peor… e preparándote para o mellor: un tobogán pola zona vella. Zona vella que está chea de público e cun ambiente especial. Isto é a Pedestre! E por isto ten case tres mil chegados a meta!
No aspecto persoal, a idea era ir relaxado con Lete pensando xa en Porto, pero entre unha cousa e outra, animeime a ir rápido e intentar apretar. Con moita precaución nas baixadas e intentando gardar para a subida de Vite, mantiven un ritmo de 3:35-3:50 ao longo do sube e baixa que é esta carreira. Xa no km 9, en Vite, comezou o serio e comecei a avivar o ritmo. Así o ritmo na subida foi moi alto, a 4:11/km creo (de feito según strava, é o oitavo mellor tempo de sempre, dos que ten rexistrados claro). Despois xa só quedaban 2 km moi favorables e disfrutando pola zona vella de Compostela.
Posto 111 e ritmo medio de 3:43/km. Moi contento polas sensacións. Sobre todo en Vite e nos últimos 300-400 metros, onde me sorprendeu o ben que acabei (normalmente acabo sufrindo e deixome levar, como nos 15K Atlántico ou un pouco en Pontevedra). En calquera caso, o mellor é que cero molestias. Nin aquiles, nin piramidal, nin isquios. Todo ben! Ademais de evitar caídas.
Remata a penúltima semana con 30 quilómetros escasos. Demasiados poucos, pero é o que hai. Sete días para Porto!»
Suso

Suso 111 44:42
Cacho 250 47:41
Lete 484 50:34
Canido 887 54:19

Gran participación del CARMA en esta carrera, consiguiendo varios podios en sus diferentes categorías
“La negra” no se baja del podio.
5k
Cristian. 18:48. (12) 1º Sub 24 Masculino
José Avendaño. 19:20. (15) 4º Senior Masculino
Patricia. 25:24. (66). 1ª Veteranas B Femenina
Elisa. 26:19. (76). 3ª Veteranas A Femenina

10k
Marzoa. 35:58. (8). 3º Veteranos A Masculino
Anto 36:22. (10). 2º Senior Masculino
Óscar Fernández. 37:36. (17). 6º Veteranos A Masculino.
Jorge Novoa. 39:04. (24). 9º Veteranos A Masculino
Víctor Rivas. 39:28. (30). 9º Veteranos B Masculino
Jorge González. 39:55. (32). 11 Veteranos B Masculino
Jaime Fernández Blas. 42:42. (72). 20 Veteranos B Masculino
Fon. 44:48. (110). 38 Veteranos B Masculino
Iván Martínez. 45:46. (139). 49 Veteranos A Masculino
Garabatos. 47:43. (190). 67 Veteranos B Masculino
Lucía. 51:30. (281). 18 Veteranas A Femenina
JR 54:04. (326). 97 Veteranos A Masculino.
Y como equipo, en 2º lugar, con 12 componentes, haciendo de media 42 minutos en el 10k
«El día era fresquito y poco propicio a esperar unos por otros por la foto. Aún así, esta vez no fracasamos -como el día de la carrera del cáncer- y conseguimos estar nada menos que quince en la carmafoto. Buen augurio. Mucha gente, magnífico ambiente, frío pero con sol. Salí bastante delante y pronto me adelantaron Víctor y Fon, al menos. Después adelanté y pude animar a Patri, toda una campeona llena de ilusión. En Beiramar me alcanzó Iván. Me ofreció su generosa y confortable espalda para quitarme el aire en el sitio que más soplaba. ¡Gracias, compañero! Aguanté unos cientos de metros y luego ya fui solo, procurando meterme en algún grupo que pasaba, para completar la primera vuelta y gestionar la segunda. Hay una subida en la calle Tomás Alonso que se hace dura, pero la llegada es cuesta abajo. Al final lo dí todo. (Bueno, igual no es mucho, pero es todo lo que tenía). Hice dos minutos y medio menos que mi única anterior participación en esta carrera. Yo creo que no está mal. Gracias al equipo, a la camiseta y a Iván. Enhorabuena a los que hicisteis podium y a todos los demás.
PD Agradezco, aunque tarde, a Antonio Barroso su ayuda en la carrera del cáncer del día 21. No tuve tiempo de enviar minicrónica, así que lo digo ahora. Si no fuera por él habría mordido el polvo. Me llevó casi dos kilómetros a rueda. Gracias, CARMArada.»
Jose Garabatos
«Muy contenta de haber quedado 1ª mi categoría en la Carrera por la Esclerosis 5k(después de haber estado pachucha por mi enfermedad rara y falta de potasio etc., que me ha limitado a entrenar muy pocos kms, no más de 4k y 2 días a la semana.
De todos modos, parece que está nueva camiseta da alas.
Mencionar a Iván que me pilló en el kilómetro 3 y se ofreció irme de cortavientos: hacia viento. Poco aguanté detrás de él (mi idea era solo acabarla y me reservé sin forzar, falta mucho entreno, pero mis problemas de salud me lo impiden. No sé de dónde quito fuerzas cuando compito, pero al final las cosas salen bien.
Y por supuesto, muy feliz de ver a mis compis que también tuvieron pódium.»
Patricia
No sabemos muy bien si será por el cambio de hora, pero no nos ha llegado mucha información sobre nuestras nécoras en tierras lusas. Al menos tenemos los tiempos que hicieron
Ferre 34:31
Luis Sa 35:48
Gonçalo Domíngues 39:29
Y no compitieron, pero hicieron un CARMA dominical de los buenos, un grupito de compañeros que están preparando la maratón de Valencia.

Óscar, Isaac, José Antonio, Viki y Aroa fueron a realizar el carma dominical a la ecopista para realizar el recorrido entre Valença y Vila Nova de Cerveira (30 kms).

Con el apoyo logístico de Alberto y Gorka en bici, y en buena compañía siempre es más fácil cumplir con los objetivos del plan de entrenamiento.