Seleccionar página

Non é doado que unha montaña se mova. Eu cando menos non coñezo moitos casos de montes que foran correndo após das persoas, ainda que algún ten caído sobre aldeas enteiras para desgracia desas pobres xentes. Visto así o tema, o normal é que sexamos nós, os humanos, os que vaiamos onde están os montes… e no CARMA temos un grupiño de “malucos” sempre dispostos a subir e baixar por eses montes de dios: Jeff, Miguelbn, Banderas, Toniofrancia, Canido, Agüita, Linkinpark (cando non está lesionado) son solo unha pequena mostra. Se ademáis falamos de andainas entón o grupo medra considerablemente: Pili, Fifthelement, Xana, Gerardo e Yolanda…non sei se me esquezo de alguén.

O caso é que hai unhas poucas semanas algúns de nós participamos no único maratón de montaña que hai por estas terras… e iso que hai unhas cantas carreiras de montaña famosas e dignas de mención, pero só unha ten a honra de lembrar ó vello Filípides. Penedos do Lobo é, ademáis, recoñecida a nivel nacional como unha proba merecedora das máis altas calificacións en canto a percorrido, dureza e fermosura. Por algo forma parte do Circuito Alpino de carreiras de montaña xunto co famoso Galarleiz, o Jarapalos e o Maratón Alpino Madrileño… casi nada, vamos.

Esta vez participamos tres membros xa oficialmente recoñecidos no CARMA (Jeff, Banderas e Montxo) e outros dous que naquel intre ainda non o eran (Toniofrancia e Miguelbn) pero que xa levaban dentro metida a semente do noso equipo: a amistade por enriba da rivalidade; o amor polo deporte máis sinxelo e natural; o feito de disfrutar do ambiente antes, durante e despois das carreiras; e a capacidade de sacrificio persoal para axudar aos compañeiros nos momentos malos… o espíritu CARMA elevado á máxima potencia.

Desenvólvese esta carreira polas terras montañosas da Serra de Queixa, atravesando parte dos concellos de Trives e Chandrexa de Queixa, o que supón un desnivel acumulado de 3.133 ó longo dos 42 km. e pouco, pero especialmente concentrado en tres puntos: a subida do cortalumes que caracteriza os km. 12 a 14, prolongada un pouco máis ata case o km 16, ainda que con menor pendiente; a baixada atroz e rapidísima por un sendeiro estreito, serpenteante e cheo de mato e pedras soltas entre os km. 29 a 31 que nos leva ó pobo abandonado de Parada; e a durísima ascensión aos Penedos do Lobo, non tanto pola pendente que ten ou pola temperatura que xa acompaña aos corredores a esas horas da mañan nesta ladeira orientada ó leste senón polo cansanzo que xa acumulan as pernas logo de 35 km. de carreira, de outros 2 longos km.

O día presentouse fresco ainda que amenazaba con elevar as temperaturas nas horas centrais do día ata case os 30 grados en algúns puntos do percorrido, e de feito na saída a meirande parte dos participantes levaba gorra para o sol ó mesmo tempo que usaba braga no pescozo. O ambiente na saída parecía unha festa. Todo eran saúdos, apertas, nervios, abrazos e desexos de boa sorte para os compañeiros e rivais a partes iguais… outra das peculiaridades deste tipo de competicións nas que se vive un ambiente de camaradería envidiable. As fotos de rigor son testemuña silenciosa do que comento.

Saímos con puntualidade británica cara ós 42 km. con ritmo alegre pero coa cabeza pensando nos puntos críticos. Así e todo un despiste a menos de 10 minutos de carreira fixo que metese o pe errado no lugar que non debía. Mal comenzo para unha carreira tan longa e onde os tobillos son tan importantes. Pasaron voando os kilómetros fáciles na boa compañía de Montxo e do seu compañeiro Homedenejro, pero ahí estaba o cortalumes. Acabouse a festa e tiven que meter a reductora. A perna esquerda respondía mellor do esperado pero a costa era moito maior das que estou afeito a subir (e iso que preparei montaña) e tiven que deixar marchar aos meus compañeiros e ver cómo me pasaban ducias de corredores. Definitivamente isto iba a ser máis duro do que eu pensaba, pero abandonar non forma parte do meu vocabulario habitual.



A piques de rematar a ascensión saúdame con voz alegre alguén pola miña dereita. Era Toniofrancia, ao cal había ben de tempo que non miraba. Seica chegara tarde e saira de último, pero viña como unha moto. Díxome que viñera a facer un adestramento de calidade en montaña,
xa que o seu obxectivo era a vindeira Transcanaria (unha proba de trail moito máis longa e dura que ésta que estabamos facendo) e como o seu compañeiro de adestramentos estaba lesionado andaba solo. Díxome que se quedaba comigo, e así foi. Ata o derradeiro metro non deixou de acompañarme, apoiarme e axudarme anímicamente, e ben que llo agradecín, porque houbo momentos en que houbera abandonado de non ser por él. Non cheguei a decirllo, pero sí que o pensei varias veces… na Media maratón e, sobre todo, en Paradela antes da subida aos Penedos do Lobo.

Chegados ao cumio da Cabeza de Manzaneda semellaba que todo iba rodado, pero faltaba unha segunda metade que, según dixeran, era moito máis dura. Así foi. A baixada inicial non era perigosa nen dura, pero fíxose algo lúgubre porque esa parte do monte ardera pouco atrás e o cheiro a queimado no narís borraba o sorriso que a beleza da paisaxe adoita poñer na cara dos amantes da montaña. Logo viría a baixada estrela da xornada. Como sempre, fun quen de ir adiantando máis xente da que me adiantou a min (somentes unha muller) mentres durou a costa abaixo. Toniofrancia seguía alí, pegadiño a min a pesares de que, según él, o seu non son as baixadas. Polo camiño pasamos a un rapaz que seica torcera un tobillo e para o que xa había pedido un equipo de rescate. En Parada comprobamos que acababa de chegar un helicóptero da Garda Civil de montaña e un rescatador cruzou connosco. Dixémoslle a qué distancia estaba o ferido e seguimos camiño. No avituallamento había outro rapaz tirado no chan víctima tamén das pedras soltas na perigosa baixada que viñamos de pasar.

Trotamos suaviño o resto dos kilómetros ata Paradela, un sube e baixa sen demasiadas complicacións que transcorre por lugares absolutamente deliciosos: entre bosques, prados, regatos e suaves colinas. Logo, en Paradela, avituallamento líquido e sólido abondo e un intre de respiro. Queda por diante a peor das costas e xa o sol queima nas costas. Fotos de rigor gracias ao compañeiro de adestramentos de Toniofrancia e moitos ánimos.

Saimos de Paradela entre calellas case abandonadas ó seu destino, e apenas a 500 metros vemos a ladeira que temos que subir. Manchiñas de cores salpican unha senda apenas visible. Uns levan bastóns, outros só as súas pernas, e todos cansancio e sufrimento. As miñas pernas están moi cansadas, cada paso que dou teño que
animalas a seguir. Especialmente duro é mover a perna esquerda, que xa viña tocada da casa, e cada vez que a subo penso que vou ter que cantarlle algo para ver se así se anima. Paro unha, dúas, tres, catro… Ata seis veces teño que parar a respirar, estirar algo as pernas e ollar o que xa deixamos atrás para darme moral. Se miro adiante igual o penso dúas veces e deixo todo. Tonio dime que estea tranquilo; que non hai presa; que se non chegamos en 5 horas e media xa chegaremos en 6; que o peor xa pasou e que pense en que cada vez queda menos. Dígo que sí e iso me reconforta. Seguimos adiante e volvemos a ter a compañía do seu compañeiro, que nos tira máis fotos e nos comenta que xa case chegamos arriba. Ten razón. Un kilómetro máis e xa estamos no avituallamento do km. 38, xusto ó pe doutro pequeño cortalumes (éste non lle chega á planta do pé ao primeiro que tivemos que subir nin en pendiente nin en lonxitude) que superamos con relativa facilidade.

Arriba de todo atopamos unha pista de terra que nos leva, subindo só un pouquiño, ata a vertical da meta pero por enriba. Escoitase a megafonía ao lonxe e iso da ánimos para trotar un pouco. Non queda nada pero os metros non dan pasado. Ninguén por diante á vista xa. Por detrás tampouco se mira a ninguén. Nós ao noso, que é chegar o mellor posible para a foto. O choio xa está feito, unha baixada á dereita, un xiro ou dous máis e xa estamos. Collo a Toniofrancia da man e as elevamos en sinal de victoria. Sacamos as gorras para saír ben na foto e sorrimos. Toniofrancia aplaude. O meu sorriso non pode ser máis significativo: gañamoslle; vencimos á montaña; costounos case seis horas, pero cumplimos o obxectivo; chegamos sufrindo máis do xusto pero fixémolo.

Non hai que chegar antes que ninguén.
Tanto ten chegar máis tarde que outro.
Hai que chegar vivo e gozando do intre.
Hai que ter espíritu CARMA.

Fotos: algunhas fixoas o compañeiro de adestramentos de Toniofrancia, outras son “prestadas” da web da carreira. Podedes ver moitas delas e máis ainda neste vídeo.

Entrada:Banderas.