Seleccionar página
Ai un ano debutei no medio maraton coa Vig-Bay,e despois de aquela,dixen que milloraria o tempo o ano seguinte, logo caeron a media de Vigo e a Media de Pontevedra con MP: 2:05:33 ( e o que ai) a cal queria superar este ano, pero por unha causa ou por outra este ano apenas corrin e menos adestrei, a miña primeira toma de contacto foi a Interrunning, cunhas sensacions fabulosas, logo viu a 10km do Cuvi, con molestias nun pe que me fixo parar, na de Padron as molestias forn tales que os 10minutos xa queria abandoar, pero a gran Tara, convenceume de que non e asi o fixen, a acabei pero moralmente mal.

O dia seguinte tras un CARMA dominical sen molestias con LinkinPark pola area de Samil,as sensacions xa eran millores, so quedaba unha semana e queria apurar cada dia pra adestrar, pero o domingo pola tarde chegou a “bomba”, tras 7 anos e medio e 3 e medio de convivencia, a miña moza me deixa, deixame tocado, pasome 3 dias sen comer e apenas beber, solicito axuda sicoloxica xa que non me via con forzas de superalo, pero a gran axuda de LinkinPark e Fifthelement, fixeronme sair adiante e intentar disputar a VigBay, pra mais inri, o martes vou o dentista e deixame unha moa a media reconstruccion ata maña dia 13, e a dor e incrible,teño todo en contra pra VigBay:

Molestias no pe,molestias na moa, a dor da separacion e a inxesta diaria de antidepresivos e pastillas pra durmir. Chega o sabado, non corrin nada en toda a seman, pero tou contento, como se fora a a miña 1ª MARATON (asi a sentia), pola noite por respeto a carreira e a temperatura decido xear pasta e beber abundantemente 2L de isotonica, as 23:20 pra cama pra levantarme as 8

Chega o dia da carreira, tou nervioso, foto Kedada, foto do CARMA e coller posicion, ou sexa atras de todo
Arranca a carreira, tardo 3 minutos en pasar pola saida, antes de chegar a 1ª viraxe de samil, decido parar a mexar, era o momento, tras facelo, reincorporome a parte traseira da carreira, despidome de Tara e tras uns minutos, ZAS! pinchazo na espalda, Evidentemente veñome abaixo, pode ir algo peor, tiro para adiante, lento pero seguro, subo o lagares lento, pra non forzar o pe, xa que a dor soe ser en subidas, falo un rato curto con Xan de ris e sego para diante

Chego a costa de Canido, xa o tiña pensado, boto freo e a andar, non vael a pena forzar o pe por 30″, no cumio sego correndo, sego o meu ritmo e vou xenial, disfrutando da carreira, adiantando a xente, animandoa, que non decaian os animos, chego a praia america, a calor xa e abafante, vou ben, pero xa noto certo cansanzo, non kero caer derrotado, e sigo correndo, na subidiña o final de praia america hacia Ramallosa, o pe molestame ¡Agora non,por favor! a dor pasa e chego a Ramallosa, ali recibo animos duns coñecidos (gracias TOÑO E EVA) e da moza dun compañeiro de traballo, a xente corea o nome do dorsal e me crezo, xa esta feito, pero empeza Sabaris, o sol cae a plomo, empezan a soar as ambulanzas, e empezo a ver a xente no chan, o panorama asustame e tras un pequeno flato, decido parar un chisco a andar, quero chegar enteiro, nese intre aparece LinkinPark, dame folgos, animame, dame Powerade e un gel, sigo pra diante, mais corredores no chan, moralmente xa vou tocado, pero a meta esta a 1km e medio, sego correndo, no ultimo avituallamento decido andar un pouco e hidratarme ben, chego a gasoliñeira e unha corredora do Alejandro Gomez no chan (logo chegou a pe a meta, noraboa) decido facer un ultimo esforzo, a falta de 400m dame un calambre na perna esquerda, so quedan metros, animanme os meus pais e vexo o crono:
2:21:53, paro a respirar e choro de alegria, conseguino, rematei a miña MARATON particular, tou derreado, pero co avituallamento alivia todo o cansanzo

Volta pra Vigo, ducha e comida post VigBay co CARMA, Admin e agregados cunha boa sobremesa.

Doulle gracias a:

– Julian Bernal (que DEP) polo seu exemplo de superacion

– A Pedro Nimo polo exemplo que me deu en Berlin a non abandoar por moi mal que este,ainda que a factura sexa cara

– A Tara,miña heroina e gran amiga
– A Tartarugo,por axudarme en moitos momentos de carreiras
– O CARMA enteiro por ser como son,unha xente estupenda
– A miña familia por axudarme nestes momentos
– E a todos aqueles que onte,animaban sen parar o paso dos corredores

Texto: Rubén (Safardatxo)
Foto: Billa (copiado del album de fotos de CorrerenGalicia.org