Seleccionar página

Crónica de una muerte anunciada

Segunda época, primera temporada, episodio 8

Nos escribe Jorge González Villanueva

Carrera: Ironman Challenge Roth (Jorge hizo el relevo de carrera a pie: un maratón)

Fecha: 6 de julio de 2025

Lugar: Roth. Alemania

 

Antes de nada, un poco de contexto. Challenge Roth es uno de los triatlones más famosos del mundo, con distancias de Ironman. Hace 6 meses me ofrecieron participar por relevos haciendo la maratón y me pareció una gran experiencia. Lo que no sabía es que  dos meses y medio antes iba a lesionarme y arrastrar varias lesiones hasta este momento. La última, se supone, no está claro, una inflamación en el nervio crural que me provoca al correr una inflamación mayor en la zona de la cadera haciendo que me duela el tensor de la fascia y el glúteo menor. Hace un par de semanas empecé a correr de nuevo; con algo de dolor pero me llegó para al menos entrenar unos 7 días y acumular un poco menos de 100 km. Como entrenamiento para maratón es algo penoso, pero tengo la ventaja de tener meses de entrenamiento de ultrafondo los pri

meros meses de este año. Pero con billetes comprados y con mis compañeros dependiendo de mi, no podía  decir que no.

 

 

Los tres compañeros el día anterior

Esta edición del triatlon ha tenido más de 5000 participantes y es un verdadero espectáculo en cuanto a organización y medios. A las 9 de la mañana ya estaba mi compañera Ana nadando como una  máquina 3,8 kilómetros en hora quince, tras lo cual hizo el relevo Elías con sus 180 km en bici. Fue duro y anduvo muy justo para llegar antes del corte, pero cinco minutos antes y tras apretar los últimos 30 km dándolo todo, por fin me tocó el turno de correr.

El relevo de bicicleta

El plan era ir suave, por sensaciones e intentando controlar la inflamación.  El domingo anterior fui capaz de hacer 22 km a 4:49 y ese era el plan. Pero la salida era cuesta abajo y aproveché para coger ritmo. Increíblemente me encontraba muy bien y muy ligero y disfrutando por fin  después de meses del placer de correr. Los primeros 10 km por debajo de 4:40 y sabiendo que tendría que bajar el ritmo, pero mi idea era ir con margen para llegar al menos andando cuando empezase el dolor y terminar. Se lo debía a mis compañeros por el esfuerzo que hicieron. Al salir casi de los últimos empecé completamente solo y estuve adelantando corredores hasta  el final. Eso hizo por un  lado que fuese duro, con  rectas muy largas al lado de un canal, con  suelo de tierra donde las zapatillas perdían tracción y notaba que me estaba  afectando a la zona lesionada. Así que a partir del 10 y hasta el 23 bajada de ritmo, a 4:45 y por sensaciones. Pero por otro lado animaba ver cómo adelantaba tanta gente y me sirvió para animar y mantener.

10 atletas (en binario, claro) Y Jorge parece en forma

De ahí  en adelante carretera por bosque con  pequeñas subidas y bajadas y muy bien de ánimo hasta el 32 aunque notando como bajaban las fuerzas. En esa segunda mitad mucha gente animando y les hacía mucha gracia lo de ser español, así que un punto más para que la cabeza tirase del resto.
Y en el 34 me quedé sin  piernas. Así,  sin más.  Notaba ya alguna molestia pero podía correr bien, había bajado el ritmo  para controlar las pocas fuerzas que tenía por no haber podido entrenar… pero llega un punto que no hay más. No pude entrenar y no  se puede sacar de donde no  hay.  Desde ese momento mucha subida y bajada y tuve que reducir el ritmo  a trote cochinero de 5:45 y sufrir los últimos 8 km, con bastantes molestias en los isquios e incluso en los últimos 4 km problemas de respiración. Además hacía bastante calor, y eso provocó un poco de deshidratación por lo que me tocó caminar en los avituallamientos para poder beber bien de los vasos (maldita manía de poner vasos). Un punto a favor de la organización: avituallamientos cada 2 o 3 km.

Jorge en pleno esfuerzo

Y por supuesto el final: con mis compañeros esperando en la entrada del miniestadio, miles de personas gritando y los tres juntos corriendo en la llegada. Inolvidable.

El premio para los tres. ¡Bravo!

Sé que ha sido una temeridad (no intenten repetir esto en sus casas), pero conozco mi cuerpo y mi mente y, aunque sabiendo que iba a sufrir, y que jamás se debe  hacer una maratón sin entrenar y menos aún estando medio lesionado, gracias a mis años de entrenamiento de ultrafondo podía conseguirlo.

 

Ultra Trail Serra da Freita

Segunda época, primera temporada, episodio 7

César Martínez cóntanos a súa aventura

Carrera: Ultra Trail Serra da Freita. ¡100 km! (Meu Deus)

Fecha: 21 de junio de 2025

Lugar: Arouca, Aveiro (Portugal)

Comezo alegre do que foi unha tortura

Voltamos a Arouca, sete anos despois, a Onde Todo Comezou, pois alí corrín por primeira vez coas cores do CARMA. Se, daquela, fun a facer a proba de 65 km, nesta ocasión volvía para tentar completar a de 100 km, xunto con varios compañeiros de equipo, Alfonso, Alberto e Fernando Míllara, máis Ramiro e Jorge que, por mor dos seus problemas físicos, viñeron a animar e acompañarnos nesta aventura.

O venres, xa en Arouca, recollida de dorsal e marchamos para casa cedo pois tocaba madrugar ó día seguinte. A carreira, contrariamente ó que fan outras, sae ben cedo pola mañá, en lugar de pola noite, e

iso supón, dende o meu punto de vista, un inconveniente máis. Dende a saída, a proba xa comeza a
subir, e separámonos en dúas parellas: eu trato de seguir a Alfonso, e os Míllara prefiren ir máis
devagar. Como xuntan ós corredores das probas de 65 e 100 km, hai moito tráfico, e o terreo danos
moito pé para poder adiantar, polo que se forman varios tapóns en diversos puntos, e iso lévanos a ter
que forzar noutros para poder superar corredores. Facemos un primeiro paso por río, onde nos
cruzamos por primeira vez con Ramiro e Jorge, e, un pouco máis adiante, primeiro avituallamento. De
momento, imos ben, pois aínda non quenta o sol, pero seguimos inmersos nun tren de corredores onde
se fai difícil ter un ritmo propio.

César en compañía marcha ben

Comezamos a primeira loucura de Moutiño, a súbida ás Goelas, que a min me lembra á mítica subida da Besta. Dous kilómetros e medio de subida, con 560 metros de desnivel positivo, que me leva case que unha hora. A humidade é importante, e vou chorreando súor polos catro costados, pero aínda resisto detrás de Alfonso. No alto, voltamos a atoparnos cos compañeiros, enchemos auga, e saímos trotando, tentando mellora-la media que levamos ata aquí. O seguinte tramo, é case que un bucle que pouco aporta, creo eu, pero que suma pola dificultade do ascenso que temos que facer, outra vez trepando coma cabras polos penedos, para deixarnos 500 metros máis adiante do punto polo que pasamos vinte minutos antes. Aquí xa libero a Alfonso do meu peso, porque noto que xa me vai sacando de punto, e prefiro baixar unha marcha.

Pola aldea de Cando, novo saúdo con Jorge e Ramiro, e comezamos a baixar cara Cabreiros, segundo avituallamento do día. Neste punto sepáranse as probas de 65 e 100 km, polo que xa atoparemos menos tráfico. Ademáis, é o primerio punto no que a familia ven a darme folgos. Se lle unimos que vou enteiro, e con un bo ritmo, creo eu, as sensacións son boas. Aliméntome e hidrátome ben, fago o primeiro cambio de calcetíns, e renova a hidratación dos pés, para evitar problemas posteriores. De aquí en diante, temos una forte baixada cara o río de Frades, atravesando un tunel dunha vella mina, e o cauce do río en varias ocasións, con baño incluído en varias ocasións, pois os penedos esbaran de máis, e non sempre se pode mante-lo equilibrio. Ademáis, xa no río Paivô, o mesmiño Mitch Buchanan, co seu bañador vermello, axúdanos a cruzar o río nunha zona na que moitos prefiren nadar que pasar a pé. Por máis que cho conten varias veces, non hai como vivilo en primeira persoa para darse conta da chaladura que supón pasar por esta zona. Xa fora do río, subimos cara Covelo de Paivô, arredor do kilómetro 33, onde hai un novo avituallamento. Novo cambio de calcetíns, e de camiseta tamén, hidratación, comida e descanso, e saio de novo con ánimos renovados, pois penso que as cousas van tal e como as pensara.
Subida longa e tendida, pasando pola aldea de Regoufe, co seu complexo mineiro abandonado. Son sete kilómetros e 700 metros de desnivel positivo, onde invirto case que dúas horas de tempo. Xa pasa do mediodía, e o sol apreta. Ademáis, case que non hai sombra en ningures, e a zona é seca, polo que a sensación de calor é maior. Aproveito algún paso con auga para mollar un buff que me poño na caluga, tentando baixar a temperatura corporal. Pero non hai ningunha fonte na que repoñer auga para beber, polo que teño que racionala para que non se esgote. Chegado o punto máis alto, detéñome a descansar, pois xa me noto bastante vacío, e trato de buscar recuperar algo para continuar por un tramo que espero máis favorable. Toca baixar, pero, na Freita, nada é doado, e, tanto o desnivel, coma o terreo con laxas e pedras soltas, fan que haxa moitos esbarános, e o compañeiro que levo diante termina por caer e levarse un bo castañazo. Séntome o seu carón para ver qué tal está, e xa non conseguirei erguerme de alí nun bo rato.

Sofrindo pero dando o que ten

Estou deshidratado, teño dificultades para respirar, agarrótanseme os dedos das mans, que me temblan, igual que as pernas. Ademáis, cóstame manterme esperto, e a situación non ten trazas de mellorar, alomenos, no curto plazo. Pasan diversos corredores que se preocupan por min, pero a todos lles digo que estou ben, e que só preciso descansar. Non quero estragarlle a carreira a ninguén, e confío en sair de esta polos meus propios medios. Pero o tempo pasa, e comezo a preocuparme, porque non vexo a maneira de seguir adiante. Por sorte, levo un xel que daban co dorsal, e tómoo como derradeiro recurso. Sabe a raios, pero consigo deglutilo cos restos de auga que aínda me quedan. E funciona. Ou eso, ou o efecto placebo, pero, aínda mareado, vou
avanzando, primeiro de cú, e logo xa erguido. Non as teño todas conmigo, e vou con medo a caer, pero xa non hai volta atrás. Teño que moverme para saír do tunel no que me atopo e, con cada paso que dou, síntome mellor. O terreo tamén axuda, porque saio a unha pista moi ancha e sen dificultades, na que, aínda que andando, vou máis cómodo e seguro. Logo de refrescarme nun regato, recupero folgos, a xa vou pensando no seguinte abastecemento, onde poderei comer e beber a gusto. Pero, coma dixen antes, na Freita non hai nada doado, e aínda que temos Covas do Monte a un paso, para chegar alí hai que dar un pequeno rodeo, subindo por unha parede de pedras que remata de esnaquizar as miñas esperanzas de seguir en carreira. Aparecen as primeiras náuseas e, pensando no que queda por diante…
No avituallamento trato de recuperarme, pero veñen os vómitos e o malestar é completo. Sei que teño que beber e comer, pero non hai maneira. Con resignación, e vendo o tempo que me queda para chegar os seguintes puntos de control, decido chamar para que me veñan a recoller, e dar por finalizada a edición 2025 da Freita. Mentres chega a familia, consigo tomar un plato de sopa e unha cervexa para inicia-la hidratación, e aparecen polo avituallamento Alberto e Fernando, que tamén dan por finalizada a carreira. Unha vez xuntos, falamos cos compañeiros que están no seguinte avituallamento, na base de vida de Póvoa das Leiras, que nos dan a mala noticia de que Alfonso tamén ten que abandonar por deshidratación. Cando chega a miña familia, montamos os seis no coche, e partimos á procura dos nosos amigos. Xa está caendo a noite, e a brétema toma por momentos a montaña. Alí, á vista da inmensidade e maxestuosidade da natureza que nos rodea, decátome de que, nesta edición, a Serra da Freita deunos unha boa malleira, e que algo haberá que facer para devolverlla no futuro. Sen rencor, que as nécoras somos animais de bo corazón, pero tercas coma mulas, e duras, que para iso levamos caparazón. Confío en voltar, xa veremos en qué condicións.
Saúdos
—
César Martínez González
César e os demáis: en nome de todo o CARMA, so podo dicir que estamos orgullosos de vos. A vosa grandeza está no camiño que afrontades.. A meta é so un punto calqueira. Non obstante, sabemos que o volveredes a intentar. Sorte e parabéns.
Jose.

Correndo polas terras do Deza

Segunda época, primera temporada, episodio 6

Hoy tenemos dos carreras, una en Silleda y otra en Vilatuxe, Lalín, por la sierra del Candán, en las que las nécoras y El Trigal estuvieron ampliamente representados. Aquí dos crónicas.

 

José Francisco y Mari en Silleda:

Carrera: X Carreira popular Abanca. Semana Verde de Galicia. Nocturna, 7 km.

Fecha: 6 de junio de 2025

Lugar: Silleda (Pontevedra)

Se trata de una carrera nocturna de 7 km. por un circuito por pistas rurales, tierra y asfalto, muy bacheado, por el paso de vehículos agrícolas.

José Francisco y Mari antes de la salida

Con una participación de 80 corredores.

Carrera muy rápida, con cuestas largas pero poco pronunciadas, excepto en el entorno del kilómetro cinco o seis, donde, después de una bajada corta, pero pronunciada con el fin de pasar bajo la autopista  AP53, nos encontramos, con una subida un poco larga. En ese tramo, algunas piernas deciden caminar un poco. El orgullo no te permite, pero ya te conformas con mantener la posición.

Alrededor de los 23 minutos entró el primer corredor.

Alguno se conforma con llegar en 37 minutos 8ª posición en MASTER C

MARI entra  con 43 minutos suficiente para obtener la 1ª posición en MASTER C

Mari, como casi siempre, en el podium. Esta vez en lo más alto. ¡Enhorabuena!

La parte que menos me gusta, es la falta de voluntarios en los cruces, en el km 3 avituallamiento, sin nadie (auto servicio).

Medalla FINISHER.  Carrera homologada por la federación y TROFEOS muy chulos.

Por lo demás fue nuestra tercera participación. Llegamos a casa a las 12 de la noche. Cosas de las carreras nocturnas.

Por MARIA CARMEN Y JOSE FRANCISCO

 

 

César na serra do Candán:

Carreira: Desafío Serra do Candán

Data: / de xuño de 2025

Lugar: Vilatuxe

Datos significativos: 34,94 km / 2308 m D+ / 5 h 33 min 20 s

A Serra do Candán é un lugar espectacular. A carreira, que organiza o Galaico Trail Run naquelas terras, é de parada obrigatoria, se non anual, porque non se pode ir a tódalas carreiras, sí, polo menos, cada certo tempo. Así que, con algúns compañeiros do clube, Alfonso, Ramiro e Jorge, aínda que estes dous últimos só a dar folgos e disfrutar do ambiente, por mor das súas lesións, alá nos fomos o venres pola tarde para recoller o
dorsal e non ter que pegarnos o madrugón na mañá do sábado.

César en pleno esforzo

O obxectivo básico, coma sempre, é rematar dunha peza. Pero, este ano, a quince días da visita á Serra da Freita, onde todo comezou, a carreira debía servirme como derradeira proba para coñecer en qué estado me atopo, e como derradeiro adestramento exixente.

Era a miña cuarta participación, pero a primeira vez que o percorrido se facía en orde inversa, polo que había gañas de ver cómo son esas subidas e baixadas polo outro lado. Facía fresco pola mañá, pero todo apuntaba a que sería un bo día, sen moita calor e sen choiva, como así foi. Foto de rigor, saúdo con Iñaki, que viaxou pola súa conta, e para a liña de saída. Xúntome a Alfonso, coa intención de ir tras él mentres as pernas aguanten, e, xa en catro ou cinco quilómetros o deixo por imposible (está forte coma un touro), e prefiro reservar para non estoupar. Ó fin e o cabo, van ser ó redor de seis horas de carreira, e non quero que me pase o mesmo que en anteriores edicións.

Facía tempo que non participaba na proba, polo que, a medida que avanzo, vou lembrando algunhas zonas, mentres que outras me sorprenden, ben porque son máis duras, ben porque son máis longas do esperado. De todos modos, a primeira parte do percorrido, polo lado que imos este ano, fáiseme máis doada, xa que se pode avanzar rápido a pesares da dureza. Aínda así, vou tranquilo, coñecedor de que a proba está a
partires da subida ó Coco, a máis longa do día, que nos leva ó punto máis alto con case que 1000 metros de altitude. Ó pasar polo segundo avituallamento do día, Ramiro e Jorge están a agardar por min, pero xa non os verei máis ata a meta, porque o ritmo que levan Iñaki e Alfonso é espectacular e, se queren darlles ánimos, van ter que esquecerse de min. Mellor así, que non me agobio por ter que chegar canto antes ós próximos abastecementos

Reunión de nécoras na ruta

Antes do comezo da subida ó Coco, avituallamento onde me refresco e como para non flaquear ata o cume, e imos cara arriba. Coma é habitual, vese que hai unha pista máis xeitoxiña pola que se pode subir, seguramente ata o mesmo sitio, pero nós imos case que en liña recta. Será para que cheguemos antes. A primeira parte é máis tendida, pero, chegado a un punto, distingo as camisetas dos corredores que levo diante nunha senda vertical que anticipa dor. Pois sí, non estaba equivocado. Pero, ó contrario que outras veces, a pesares do cansancio, manteño un ritmo constante, e fáiseme levadeira a subida. De todos modos, é un tramo no que me adiantan algúns que levan presa. Ó pasar polo cume, meto algo para o bandullo, e lánzome cara abaixo coa intención de non parar no seguinte abastecemento. Vou bastante rápido, para o que son eu, e levo algún susto, pero non afrouxo. Polo avituallamento paro a beber, que sí vai a facer falla, e sigo o descenso ata o río.

Unha vez que o cruzo e, para non perder costume, collo cara a esquerda, e intento pasar por un camiño de silvas. Se as hai cando vou adestrar, igual nesta carreira tamén deixaron algún tramo máis sucio. Menos mal que un par de voluntarios ma fan ver que o camiño está cara o outro lado. Voume rindo de min mesmo ata que voltamos a subir. Tócalle o turno á costa da fariña.

A subida habitual é dura, aínda que corta, polo que lembro, e teño curiosidade por ver cómo se da por esto outro lado. A verdade é que se me fixo longa e desgastoume bastante, pero permite avanzar sen grandes dificultades técnicas. Non coma a baixada que nos espera. Alí, entre a miña torpeza, algunhas rochas máis planas do desexable, e unhas raíces traicioneiras, prefiro non arriscar e baixar a modo. Prefiro chegar á meta con tódolos dentes no sitio. Este é o tramo máis técnico do día, creo eu, e cóstame bastante moverme, pero respiro aliviado cando chego á parte máis baixa sen sobresaltos. Queda unha subidiña ata Bustelos, na que volvín a trotar por momentos, pero máis forzado porque non se daba rematado e tiña ganas xa de chegar arriba, que buscando forzar para gañar tempo. Por este lado coido que se me fixo máis longo este tramo, pero a perspectiva cambia de face-lo con 10 kilómetros nas pernas, a facelo con 25. No avituallamento bebo e como algo, xa que, polo perfil, aínda ten que quedar unha sorpresiña, e así foi. Un par de kilómetros cara abaixo a bo ritmo, que xa é momento de gastar o que queda dentro, para desembocar nunha subida corta, pero moi dura, e onde apreta o sol que non vexas. Xa non queda nada, así que forzo a marcha todo o que son
capaz. Dende o alto, continúo a moi bo ritmo na baixada, que ata me sorprendo a min mesmo de cómo vou disfrutando. Aínda resta algunha pequena subida máis, pero o cheiro a meta non deixan que me relaxe, e consigo entrar en meta en pouco máis de cinco horas e media, un pouco máis que unha das novelas de Miguel Delibes.

¡Meta! e tan fresco.

Logo de refrescarme no río, ou mais ben, conxelarme, busco ós compañeiros para ir a cambiarme e comer unha boa paella conversando sobre cousas de corremontes. Hoxe as cousas saíron moi ben, e isto dame confianza de cara a Freita, que era do que se trataba.
Pero esa, xa é outra historia.

Este parece ser o principal obxectivo

Tempo oficial: 5:33:20. Tempo neto: 5:22:12. Posición xeral: 88. Posición sexo: 82. Posición categoría (Veteráns B) 19.

Por Cétsar Martínez González

Carreras variadas en dos países

Segunda época, primera temporada, episodio 5

Hoy son varias nécoras y varias carreras las comentadas:

 

Carrera: Entre rías. Media maratón

Fecha: 18 de mayo de 2025

Lugar: O Grove – Sanxenxo (Pontevedra)

Por Mari Carmen y José Francisco.

De izquierda a derecha, Juan, Dito, Selva, Suso y Mari antes de la salida. José Francisco espera en el punto intermedio

Todo empieza el domingo, día 18, hora 5,00

Salto de la cama, repitiéndome que sarna con gusto no pica.

Me ducho, pongo la ropa del CARMA, y procedo a despertar a quien me recordara que no somos normales.

Mientras se ducha y se viste yo preparo el desayuno. Me apetecería un café con leche y un cruasán relleno de pistacho del TRIGAL. Pero nos esperan 21 km repartidos en 11 y 10 km  (RELEVOS).

Tendremos que conformarnos con un café solo bien cargado y un poco de arroz con leche.

Repasamos que no se quede nada atrás: dorsales, zapatillas, botellas, etc.

Nos ponemos en marcha, camino de SANXENXO, población que continúa dormida cuando llegamos.

El primer bus sale a las 7,45 horas para O GROVE.

Repasamos nuestra estrategia para las próximas horas y nos separamos.

Yo tengo que esperar al primer bus para A LANZADA .9,30 Horas.

Comienza la MEDIA MARATON. 10,30 Horas.

Mari se pone en marcha, comienza su carrera entrando en la isla de LA TOJA,

Al salir son 5 km.

Estos 11 km son bastante planos, con tramos muy rectos y largos. Resultan aburridos, pareciendo que no se acaban nunca. Encima el viento aprieta de frente.

Mientras tanto, yo espero con el reloj en la mano un ojo en la carretera y un montón de cálculos en la cabeza.

Alrededor de los 60 minutos, la concentración te desconecta de tu entorno y sumas.

Segundos mientras observas el relevo de los demás.

Una hora y once minutos, llega Mari.

José Francisco tomó el relevo

Cambiamos chip y hablamos lo justo y necesario.

Nos despedimos y salgo corriendo. Tenemos nuestro momento de gloria: el publico nos grita y aplaude.

Me gustaría pediros si alguien encuentra una foto del momento no dudéis en hacérnosla llegar.

Quedan 10 km, tres fuertes subidas con sus bajadas donde puedes recuperar un poco el esfuerzo empleado en las subidas.

Entramos en meta: una hora y un minuto.

José Francisco, Mari y Valerio con sus medallas. ¡Enhorabuena, nécoras!

Los penúltimos en relevos mixto pero muy satisfechos.

 

Maria Carmen y Jose Francisco

 


Carreira: Melgaço-Alvarinho Trail 2025. 50 km

Data: 25 de maio de 2025

Lugar: Melgaço, Portugal

 

 

Por César Martínez.

Primeira carreira do ano. Realmente, é a primeira dende novembro, pero é o que ten tanta vida social. O feito é que, por proximidade, por organización e por diversidade de percorridos, é unha proba á que me gusta asistir. Así que, plántome en Melgaço a primeira hora da mañá. A saída retrasouse das 8 ás 8:30, e podo intuír que é debido á baixa participación de este ano. Somos poucos na liña de saída, pero xa descarto o podium antes da partida.

A saída, igual que a chegada, son agora no centro da vila (cambiou fai unhas edicións dende o centro deportivo nas aforas) e creo que o cambio foi para mellor. Saímos cara o río Miño, e a primeira parte da proba transcorre pola senda dos pescadores. Terreo non complicado, e menos a estas alturas, pero que se fai cansino polo sube e baixa continuo, e por ter que andar pendiente de raíces e pedras nalgunha zona. Por non ser menos que outras veces, tropezo e voume de morros, co que xa o día se me empeza a torcer. Pasamos por debaixo da ponte internacional que leva a Arbo, e dende alí viramos cara o interior, buscando o primeiro abastecemento do día, logo do cal, tras un par de kilómetros, voltamos cara o Miño, pasando por algunha zona máis pechada de vexetación, e máis complexa de avanzar. Ó redor do kilómetro doce, deixamos definitivamente o río, o que non voltaremos ata a parte final da carreira, e chegamos ó seguinte avituallamento. Como e bebo, porque sei que agora virá a primeira subida importante do día, é fará falta levar forzas. A subida non é técnica, tampouco o será o resto da proba, pero sí ten bastante pendiente para empezar. Por sorte, aínda é cedo, o sol non queima moito, hai bastantes zonas de sombra e sopla algo de vento fresco, polo que a subida faise ben.  Sin chegar a coroar, pero logo de un bo rato de ascensión, viramos por unha pista para coller unha baixada curta, logo da cal collemos outro pequeno tramo de subida ata o seguinte abastecemento. Por detrás de min chega algún corredor que debería ir diante, pero que se saltou algún cruce. Ademáis, algún outro compañeiro fala de erros coas fitas, polo que  terei que estar atento para non perderme. Teño tendencia a ir mirándome a punta dos pés, e non sería a primeira vez que non vexo un cambio de percorrido ben sinalizado.

Entorno espectacular

Aquí entramos no tramo máis bonito, pois imos pegados ó río Mouro, e o son da auga refresca o espírito. Ademáis, disfrutamos de moita sombra. Logo de achegarnos a aldea de Cela, damos un rodeo duns cinco kilómetros para voltar por unha pasarelas de madeira, e chegar o seguinte abastecemento, pasando por diante da capela de Senhora da Boa Morte 🤔. Esto vino logo da proba, sobre o mapa, pero non sei se non sería un aviso a navegantes. Como xa levamos unhas cuantas horas de paseo, tómome con calma a parada. Bifana, auga fresca, cambio de calcetíns…prefiro non ter presa, e logo arrepentirme.

 

Esta carreira está chea de lugares privilexiados

 

 

De novo en movemento, subida por un terreo moi descoberto, e comezo a notar cómo me sube a temperatura. Xúntaselle a eso que, logo dun bo rato de non ver sinalización algunha, opto por voltar sobre os meus pasos, non me fora a saltar un cruce, ata que me collen un par de corredores que viñan por detrás  e que me aseguran que imos ben. Haberá que fiarse, e vou con eles ata coroar o que será a penúltima subida do día. Na baixada atópome mellor, e levo mellor ritmo que eles, polo que vounos deixando atrás. Quizáis por baixar tan rápido 🙄, esta vez sí, sáltome un desvío, e sigo tan campante pensando que vou coma un tiro. Ó decatarme do erro, considero que xa non vale a pena dar volta, polo que vou collendo cruces que me leven hacia onde debe ir a proba, confiando en non facer moitos kilómetros demáis. Por sorte, non andaba lonxe, e atopo de novo as cintas que me devolven ó bo camiño. Pero, a cabeza non para, e xa asoman malos pensamentos. O sol apreta, e xa non levo auga bebible, ata atopar a un coche da proba no que me dan unha botella de auga. Non está fresca, pero é mellor que nada.

Logo de pasar por varías zonas habitadas, desemboco nunha estrada que recoñezo, pois é onde estaba o primeiro abastecem

César en pleno esforzo

ento do día ¡Xa nada podía ir mal! Tiña auga fresca, aínda que non puiden comer por levar o estómago algo revolto. Estiro un pouco porque vou bastante cargado e, ó poñerme de novo en movemento, noto que a cousa non vai ben. Estou hinchado coma o boneco de Michelin, e sinto moita pesadez nas pernas, pero aínda confío en que as cousas irán a mellor un pouco máis adiante. Xa coñezo o que me queda ata a meta, e eso axuda, pero non fun quen de recuperar forzas, e fíxoseme moi longo todo este tramo. Ademáis, podíase correr sen problemas, polo que a falta de forzas notábase aínda máis. Agua, resina e …non quedaba outra.

 

A derradeira sorpresa foi que a subida cara Melgaço non era exactamente polo mesmo camiño polo que saíramos, senón que seguimos pegados ó río ata un regato no que o camiño vira cara arriba, e subimos por unha zona escarpada e dura, que xa levo 50 kilómetros nas pernas. É un sitio moi chulo, e moi preto do casco urbano, pero mellor era ter subido por outro sitio, alomenos, hoxe 😂. Xa de volta o asfalto, queda a subida cara a fortaleza, paseo polo casco vello, e entrada en meta, onde xa queda pouco ambiente. De alí, a ducha e a casa sen poder comer nin beber. Algunhas veces, en carreiras, énchenseme as fosas nasais de moco, e, se non o expulsas, acaba no estómago, e xerando un malestar que xa dificulta comer e beber. Xa o notara antes, pero esta carreira valeume para darme conta de onde ven o problema. Agora, haberá que buscar cómo afrontalo nas seguintes probas.

César Martínez

 


 

Carreira: XII Carreira da Cereixa. 10 km e 5 km

Fecha: 25 de mayo de 2025

Lugar: Beade. Vigo

Crónica de Cristian

Cristian es el de blanco.

Hoy tocaba otra carrera del circuito runrun Vigo. Otra carrera dura y decido apuntarme a la de 10 km para ver cómo vamos de ritmo, después de dos semanas en las que no me he encontrado especialmente bien. No sé si es el calor o los cambios de tiempo, pero no consigo encontrar esas sensaciones que quería.
Salida controlando para no pasarse. Es una carrera dura y hay que ser precavido en la primera vuelta si no se quieren pasar penurias en la segunda (que aún así, se acaban pasando).
De piernas iba muy bien, bajando bien y aguantando bien en las subidas pero el estómago lo llevaba muy mal. Sensación de pesadez y de ir revuelto.
Al paso por la primera vuelta el estómago me da un aviso y ya empiezo a pensar que voy a tener que bajar ritmo. Aún así decido continuar manteniéndolo hasta la subida del km 7, donde el estómago me está dando pinchazos y decido parar a andar 5-10 segundos, con la esperanza que recupere y pueda acabar bien (cosa que no suele pasar).
Después de eso, vuelvo a correr y a coger ritmo, haciendo la bajada fuerte y después dejando lo poco que quedaba dentro.
Finalmente entré en meta en 37:30 a 3:45 que, con sus +150 metros positivos de desnivel me dejan contento, pero no del todo satisfecho, porque creo que hoy las piernas podían correr algo más!
Cristian Valencia

Crónica de José Francisco y Mari Carmen

El Domingo día 25 de MAYO, participamos en la XII CARREIRA DA CEREIXA.

Dos distancias 5 km y 10 km incluida en el circuito RUNRUN VIGO.

Con trescientos participantes, es  una carrera con un censo menor que otras carreras del circuito.

Cuatro mozalbetes antes de la carrera

Circuito circular de 5KM, a dos pasadas en el caso de 10K, Una subida bastante exigente con una bajada, larga, pero menos pronunciada que la subida anterior, continuando con una pequeña rampa y dos rectas, en el ultimo km.

Repetimos todo, en el caso de participar en 10k (para valientes o demasiados optimistas)

Exif_JPEG_420

MARI se atreve con las dos vueltas  y después de 1h04 es 2ªCAT F4 y PODIUM.

Yo jugando con las estadísticas decido anotarme a 5k y después de 25:26 2º CAT M4.

Os imagináis que en unas olimpiadas en carreras de 100 m, no tuvieran opción a medalla,

Bueno pues en carreras de nuestra ciudad, valoran que participes y te lo agradecen, pero el presupuesto no les da

Teniendo en cuenta que tardaron dos horas y media en entregar los trofeos de 10 km, una cartulina con tu nombre y marca, yo lo valoraría incluso más.

Reconozco que no todo es negativo, avituallamientos suficientes, y en la entrega de dorsales  tenias para escoger, camiseta, bolsa térmica y botellas térmicas, o normales

Quizás en la XIII CARRERA tengan en cuenta estos detalles.

Exif_JPEG_420

Por lo demás te ves con compañeros de equipo, te saludan corredores que reconoces de otras carreras, y te ríes con ellos de lo que no te gusta, y MARI continúa aumentando la estantería.

 

MARIA CARMEN  Y  JOSE FRANCISCO

 


Pola miña parte, que tamén participei na carreira da cereixa de Beade, versión 5 km, so teño que engadir que esa é unha carreira que me gusta. A saída é costa arriba, pero non se fai dura. Cando xa estás apiques de fartar de subir, comeza a costa abaixo donde podes relaxar e soltar pernas e brazos. Despois ven a súbida más forte na zona da igrexa. Forte, pero nada que ver coa tortura das costas da carreira do barrio presidencial (Teis). Cando estás chegando arriba ves a meta e xa a cousa case feita, A lo menos está feita a primeira volta. Ademáis, dante auga dúas veces en cada volta, á parte do avituallamento da meta. Este ano botei en falta ás señoras que te daban bica ou empanada. ¡Mágoa!. Tampoco houbo cereixas. Seica en Beade xa non hai ou hai moi poucas.
Jose Garabatos.

Maratoniano por Europa (II)

Segunda época, primera temporada, episodio 4

Guillermo Liboreiro, una de las nécoras más recientes, nos envía esta crónica:

Carrera: MARATONA DE EUROPA 2025
Fecha: 23 de abril de 2025
Lugar: Aveiro, Portugal
Pues este año yo tenía planeado correr mi segunda maratón, y así lo hice, el 22 de febrero fui a Sevilla y después de unas buenas semanas de entreno, conseguí una impensable marca para mí, 2:54:30, mejorando 7 min mi primera maratón (3:01:06) que fue la Zurich Rock and Roll Madrid 2024.
Ese mismo día en la feria del corredor, estaba el stand de la maratona de Europa promocionando la carrera, y a mí ya me rondaba por la cabeza la posibilidad de correrla. Estaban sorteando regalos y bonos de descuento para la inscripción con una ruleta de la suerte, entonces decidí jugar. Por desgracia me tocó la típica botella de propaganda de la carrera, y echándole un poco de cara, le dije que me hubiese gustado el descuento de 75% en la inscripción que yo era de Vigo y tenía pensado ir. La chica muy simpática me dió el cupón y entonces ya me hizo un click la cabeza y tenía nuevo objetivo, correr mi tercera maratón, aunque fuera sólo dos meses después.
Hoy en día ya hay tantas opiniones sobre el tiempo necesario para descansar entre maratón y maratón. Gente que corre desde una al año, 4 al año, 4 al mes y otras locurillas impensables para el resto del mundo.
Yo personalmente, entre trabajo, entrenar, hijos, actividades extraescolares, tareas del hogar y muchos etc… ya veo un super logro lo que conseguimos la gente normal, pero tantas redes sociales acaban influyendo.

Guillermo y familia con su dorsal

Después de Sevilla tenía que haber bajado un poco el ritmo debido a unas semanas duras de entreno, aún así seguí corriendo bastante porque también tenía la Vig Bay.
En resumen, llegó el 23 de Abril y me encontraba bien, pero no tan motivado y con las buenas sensaciones que tenía en Sevilla. Tampoco ayudó mucho que esa semana me tocara trabajar de noche, ya que el cuerpo no descansa igual.
El día anterior fuimos en familia a Coímbra a la Ciudad de los Pequeñitos y por la tarde ya nos dirigimos a Aveiro a la feria del corredor a recoger el dorsal y la bolsa, a la cual le faltaba la camiseta por un problema logístico😅. Supuestamente las envían por correo a casa.
Luego ya nos dirigimos al hotel y a cenar un poco de pasta, pizza y a descansar para el gran día. Antes de acostarnos, preparamos todo el equipamiento para la carrera con su habitual foto subida a Instagram😅
Domingo 23 abril de 2025, suena el despertador a las 6.15 a.m. , nos vestimos y bajamos a desayunar al buffet del hotel, donde ya me acompañaban más corredores y nos disponemos a cargar el depósito.

Preparado

Seguidamente subimos a descansar un rato a la habitación, me doy una buena ducha y me enfundo la equipación runner de mi nuevo equipo C.A.R. Marisqueiro, con su correspondiente foto que envío al grupo.
A las 8 me dirijo a la zona salida para encontrarme con un amigo que corrió conmigo y nos disponemos a calentar un poco. Por cierto, hacía un diazo y ya empezaba a notarse el calorcillo.

Correr acompañado es mejor que hacerlo solo

8.30 nos situamos en la zona de salida, la cual fue un poco desastre. Nadie respetaba los cajones, zona bastante estrecha, saliendo juntos la media y la maratón… etc, pudo haberse organizado mejor la verdad. Allí estaba meditando que tiempo poner en la liebre virtual en el reloj 🤔. Tenía claro que para repetir mi marca sevillana no estaba, aunque mi mente me lo pedía. Aún así, no puse 2h54 pero puse 2h57, moneda al aire y veríamos sensaciones.
8.45 comienza la carrera y nos ponemos a ello, 42 km por delante y mucho tiempo para darle vueltas a la cabeza y viendo como se van sintiendo las piernas. A diferencia de Madrid y Sevilla que tenía clarísimo que ritmo llevar y lo pude hacer yendo cómodo toda la carrera.

En pleno esfuerzo

Los primeros kilómetros transcurren por el centro, gente animando, sintiéndome bien de piernas, hidratándome en los avituallamientos que el calor empezaba a notarse y rodando a 4.10, o así, hasta el km 21. Íbamos detrás del globo de sub 3h el cual iba para 2h57, que era lo que me marcaba el reloj a mi en ese momento.
Muchos tramos de la carrera transcurren por carretera y, como vayas solo, se hace un poco aburrido, la verdad. Cuando ya volvíamos de la zona de playa sobre el km 26/27 con un ritmo de 4.15-4.17, adelantamos al grupo de sub 3h. Las sensaciones no eran muy buenas, se me estaba haciendo la carrera muy larga, aún quedaban unos cuantos kilómetros y el solcito apretaba de lo lindo.
Sobre el km 32 me adelantó el grupo de sub 3h que ya era más reducido y a partir del 35 me empezaron los calambres en los isquios, lo cual no me había pasado en ninguna carrera. A lo largo del recorrido fui tomando mis geles cada 7 km e hidratándome. Igual tenía que haber llevado pastillas de sal, pero no las he probado nunca
A partir de este punto, tocó bajar ritmo, sufrir, hacerse fuerte de mente, tener claro que el sub 3h no iba a ser posible y que el único objetivo era llegar a la meta, donde iba a estar la familia esperando.

Guillermo pasó momentos difíciles

Los últimos 3 km ya los hice a 5.30, parando cada poco por los calambres pero continuando corriendo y sintiendo el apoyo de la gente con su FORZA!! 💪.
Por fin última curva de derecha llena de gente animando y enfilo la alfombra azul, donde unos metros más adelante veo a mi mujer y a mí hijo mayor, el cual me acompaña de la mano corriendo los últimos metros, para cruzar la meta muy emocionado, tras haber acabado mi tercer maratón y el más sufrido con mucha diferencia.

Cerca de meta con su hijo

Tiempo logrado 3:06:37, posición general 113 y el inolvidable y emotivo recuerdo de haber entrado con mi hijo corriendo 🥰
Una vez cruzada la meta, pasada la euforia y emoción, nos disponemos a coger la medalla y el avituallamiento, un poco pobre la verdad. Mira que Portugal tiene fama de ser generoso en ese aspecto, pero fue bastante más completo en la 21k Manuela Machado en Viana, eso sí, aquí había un puesto de cerveza del cual dimos cuenta 🤣.
Una vez reunido con la familia, tocó ir al hotel a ducharse, darnos un homenaje bien merecido y vuelta a casa.

Doble recompensa final

En resumen, mis dos primeras maratones las disfruté más. La primera por ser la primera y en Sevilla porque me sentía más fuerte. En estos últimos meses he conseguido mi mejor marca en 10 km y 21 km, unos tiempos que hace años veía impensables.
De Aveiro al final también me llevo un buen recuerdo y ese momento especial con mi hijo.
Ahora toca descansar un poco, tratar de mantener la forma y en agosto volver a darle duro para mis nuevos objetivos: Media de Pontevedra y Maratón de Valencia.
No se me da muy bien escribir, pero aquí queda este pequeño relato de mi vida para el blog de mi nuevo equipo, con el que espero compartir muchos kilómetros y conoceros poco a poco.

Fin

Un placer, y siento la chapa que os he metido 😅
Un fuerte abrazo.
Guillermo Liboreiro